Logo de case 19 anos de ter iniciado a súa busca nos fondos da RÃa de Vigo, os submarinistas Edelmiro MartÃnez Novo e Ignacio Iturregui Peña veñen de entregar á Xunta e ó Goberno Central un mapa no que figura localización exacta de 13 galeóns afundidos en Rande. Segundo os dous submarinistas, a súa intención ó facer públicos estes datos é promover a realización dunha expedición oficial e que se tomen medidas para protexer estes restos.
As investigacións
Edelmiro MartÃnez e Ignacio Iturregui solicitaron o 6 de decembro de 1984 o permiso para realizar a busca dos galeóns afundidos na RÃa de Vigo durante a batalla de Rande. Pouco despois comezaron as súas investigacións na zona, acadando localizar, segundo eles, os restos de trece galeóns. Entre estes restos os dous submarinistas atoparon atoparon restos de louza, pipas, canóns e diferentes obxectos de emprego cotián.
Daquela mantiveron en secreto a localización destes pecios para evitar o saqueo dos mesmos e agardando que a Xunta contribuise á conservación dos buques. Vendo que nos últimos dez anos non se avanzou neste aspecto e coincidindo coa vindeira celebración do III Centenario da Batalla, solicitan que se realice unha expedición oficial que recupere os restos para tomar despois medidas de conservación, catalogación e exhibición dos mesmos.
Datos na Administración
O pasado mércores os dous investigadores presentaron ante a Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Histórico e ante a Dirección Xeral e Promoción Cultural o plano no que recollen a localización exacta dos pecios. Segundo eles, con estes datos calquera mergullador poderÃa localizar os restos, que en moitos casos atópanse soterrados entre a lama do fondo.
Desde comezos dos oitenta sucedéronse diferentes expedicións da zona das que se informou á Xunta, sen embargo, ningunha delas deu a coñecer a situación exacta dos restos que localizara.
Para os dous mergulladores "se non procedemos axiña a conservar estes pecios, non quedará nada da batalla".