Unha antolóxica de Díaz Pardo inaugurará o Centro das Artes da Coruña

Uns medran e outros non

A finais de ano verá a luz na Coruña o Centro das Artes. Un edificio que conta con 5.000 metros de superficie expositiva e que custou 9 millóns de euros e que se inaugurará cunha mostra antolóxica sobre Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920). A exposición xirará arredor de catro facetas do intelectual: ceramista, pintor, deseñador industrial e editor de publicacións. E se a construción duns edificios marcha, a doutros párase. É o caso do Museo do Mar cuxas obras de ampliación vén de parar a Zona Franca. A decisión do consorcio implica que se realizarán unicamente as obras de reparación porque, segundo publica o Faro de Vigo, o delegado do Estado no Consorcio, Francisco López Peña considera que a Zona Franca “non está para investir en dotacións culturais”.

Máis información sobre o centro coruñés en La Voz de Galicia e sobre a paralización do Museo do Mar na edición do sábado do Faro de Vigo