O Concello de Vilagarcía organiza o seu propio bookcrossing e libera 346 libros de literatura infantil e xuvenil

Libros libres na Arousa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Imitando a exitosa experiencia do bookcrossing ou liberación de libros para fomentar a lectura, o Concello de Vilagarcía abandonará ao longo dos vindeiros días en parques e casas de cultura 346 obras destinadas a escolares de primaria e de secundaria. Ademais de existir no web do concello foros para que os usuarios debatan sobre esta experiencia, cada libro levará unha folla de ruta na que os usuarios apuntarán que a obra pasou polas súas mans. Aqueles lectores que amosen ter lido cinco ou máis destes libros abandonados levarán un agasallo.

Máis información en La Voz de Galicia e no noso tema sobre bookcrossing en Galicia

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vilagarcía, Literatura, Arousa, Secundaria...