Falamos con Miguelanxo Prado para saber a súa opinión sobre a banda deseñada en Galicia. Dunta longa conversa seleccionamos algunhas das cousas que nos contou.
Poderías facernos un breve resumo da situación da banda deseñada en Galicia?
Posiblemente estamos no momento máis creativo da banda deseñada en Galicia. Temos moita xente facendo banda deseñada, temos banda deseñada de moi boa calidade pero despois o que é o soporte industrial, a infraestructura editorial que precisa o medio para chegar ó practicamente non existe.
Cres que é mellor a existencia de moitos fanzines ou a existencia dunha soa revista de calidade?
Sempre defendín o fanzine coma un campo de probas estupendo, pero o que claramente non é un fanzine é o soporte idoneo para que un autor se consolide e chege a desenvolver tódalas súas potencialidades como creador.
[Devoradores de imaxes:
Desde un punto de vista antropolóxico e antropomórfico somos animais visuais, por moito que nos doa, o sentido da vista é con diferencia o sentido principal, somos devoradores de imaxes. A capacidade de embelesamento que ten unha imaxe para un ser humano posiblemente non o consiguen linguaxes máis complexas como son a música.
Potenciamos tanto nos últimos anos eses contidos visuais, tecnolóxicamente, ser creadores de mundos a nivel visual, pero descoidamos o que estaba detrás, que no fondo é o fundamental. Se somos devoradores de imaxes nun primeiro estadio, nun segundo estadio somos devoradores de historias. Nos últimos anos imperou por criterios comerciais a utilización de esquemas xa comprobados que se sabía que funcionaba, hai un empobrecemento progresivo.]
¿Que acontece con "Elipse"?
"Elipse" ten moitísimos problemas, ten un número 1, un número 2 feito pero que non está publicado e ten os problemas de ser unha publicación institucional. Tódolos problemas que non tivemos no número 1 apareceron de repente no número 2. Houbo un erro de interpretación por parte da propia Consellería, da Dirección Xeral e mesmo un erro meu de dirección por non ser capaces de explicarlle o proxecto.
"SON INIMIGO DAS SUBVENCIÓNS, ESTOU CONVENCIDO DE QUE SON UN BÚMERANG QUE ACABA GOLPEANDO O MUNDO CREATIVO"
¿Débese subvencionar a BD ou hai que seguir a lei do mercado?
A responsabilidade de sacar un producto comercial, un producto que chegue ó lector xeral é das editoriais, non da Consellería. Os editores viven das subvencións e teñen unha porcentaxe importante de público cautivo nos institutos e nas escolas con lecturas obrigatorias. Eu creo que a esas editoriais habería que esixirlles un certo grado de risco para asumir proxectos de banda deseñada.
Desde un punto de vista puramente empresarial non é interesante, facer un libro de banda deseñada para 200 é dificilmente xustificable. Pero pódese facer, por exemplo, eu edito 1000 para Galicia, pero estoutra editorial edita outros 1000 para Cataluña, unha editorial española edita 3000 para o resto do estado, unha francesa edita 10000, estamos falando de proxectos prefectamente viables, pero qué pasa, que iso conleva unha estratexia de mercado que as editoriais non están dispostas a asumir.
Eu sempre me declarei inimigo da cultura da subvención porque estou convencido de que é un boomerang que acaba golpeando o mundo creativo, acaba viciando e metendo unha serie de virus de difícil erradicación.
Iso conleva un progresivo debilitamento do tecido editorial desde un punto de vista puramente comercial e por tanto cando un autor chega cun proxecto de banda deseñada a unha editorial, a non ser que leve aparellada unha subvención, é difícil que resulte atractivo e interesante para unha editorial. Se é bo o proxecto hai que ir a Francfort, conseguir un socio que edite tamén en alemania, en Francia... entón resulta que a impresión deste libro simplemente cambiando o cliché de negro dos textos abarátase moitísimo.
As traduccións desde logo son imprescindibles, de venderlle 500 exemplares ós galegos non vai vivir ninguén.
Para min sería un orgullo pensar que os autores galegos podíamos publicar os nosos libros e ter o noso espacio ó lado de, de Bilal, de Hugo Pratt de Mike Mignola... tamén en galego.
Eu penso que a única figura que falta neste momento é un editor.
[Devoradores de historias empobrecidas:
Eu creo que sería unha boa fórmula chegar a establecer esa colaboración entre escritores e debuxantes. É certo tamén que non é o mesmo escribir unha boa novela que escribir un bo guión. Cando menos que contadores de historias se interesasen polo medio sería positivo, porque o que temos basicamente hoxe en día son rapaces que teñen unha formación puramente visual, cada vez máis maracada polo manga, que eu non demonizo pero que considero moi limitado.

"TEÑO UNHA CULTURA QUE RECIBO, QUE ABRAZO CON ESTUSIASMO, PERO QUE NON QUERO QUE ME ESMAGUE"
¿Existe un estilo galego de banda deseñada?
Penso que establecer un estilo con estiquetas nacionais supón automáticamente un encorsetamento e unha limitación da liberdade creativa. Un escritor, un músico, un autor teatral non pode ter sempre a espada de Damocles de "o xeito galego de facer literatura".
Creo que as escolas existen, pero creo que son a longo prazo empobrecedoras, limitadoras... Creo que ó final quen resulta sempre beneficiado dese tipo de feitos é o capital. Son os editores que consiguen vender subproductos que dalgún xeito se axemella ó producto estrela. Entón o producto estrela da escola francobelga son Franquin e Hergé. E ó lado de Franquin, Hergé e Edgar P. Jacobs van metidos un montón de morralliña que se vende por todo o mundo porque é liña clara da escola franco-belga pero que no fondo son malos.
O resultado dun proceso normalizado é ter dentro dun conxunto de autores unha serie deles que responden a parámetros do que poderíamos chamar, facendo un paralelismo "cociña internacional" que sirven o mesmo para un roto que para un descosido. Habería outras persoas que ben nos guións, ou ben na paleta de cores, ou ben na temática das súas historias poderíamos, despois de moito tempo, algún proxecto de teses de Historia ou de Filoloxía empezar a sacar elementos comúns e dicir: " o traballo que fixo fulanito na década dos 90 2000 era claramente galego..."
Teño un herdo, teño unha cultura que recibo, non só que non a rexeito senón que a abrazo con entuasiasmo pero non quero que esa cultura me esmage de tal xeito que non poida desenvolver ningún traballo creativo.
"A CULTURA É UN ESPACIO DE FRANCOTIRADORES, POR ISO DESCONFÍO DAS ESCOLAS, DOS ESTILOS E MESMO DOS COLECTIVOS"
[Internet, entramado de minorías:
Internet vai permitir que moita xente expoña o seu traballo e vai permitir que moita xente leve o bofetón, que non lle chegue coa palmadiña dos amigos, que alguén que non o coñece de nada lle diga "isto é unha merda".
Hai moito defensor de macroproxectos. Eu o que defendo é un entramado de minorías. Creo que realmente aí é onde está errando o grande capital.Estou convencido de que a cultura, basicamente é un espacio de francotiradores, por iso desconfío das escolas, dos estilos, dos colectivos mesmo... Aí teño unha contradicción, son un defensor do colectivo a nivel social pero son inimigo do colectivo como limitador, sobre todo cando o colectivo se convirte nunha máquina corporativista.]