Xosé Neira Cruz, Fina Casalderrey, Xoán Babarro, Juan Farias, e Ana MarÃa Fernández son os autores cos que a editorial planeta entrará no mercado da literatura infantil e xuvenil en galego o vindeiro mes de abril. O lanzamento consistirá en seis obras do selo Planeta&Oxford no noso idioma que irán destinadas aos lectores de entre seis e dez anos. As obras que prevé editar esta empresa en galego serán unha mestura de tÃtulos orixinais e de traducións de obras xa publicadas. Tamén se confirma a saÃda en galego para este mesmo mes da novela “Anxos e Demos” de Dan Brown por conta de El Aleph Editores. Esta firma xa entrara no noso mercado coa edición de “O código Da Vinci” deste mesmo autor.
Máis información sobre o selo Planeta&Oxford no web da editora; sobre El Aleph en Lg3