Cúmprense quince anos desde que Chano Piñeiro estreara “Sempre Xonxa”, a primeira longametraxe do audiovisual galego. Desde entón o sector púxose como meta a profesionalización e abriu un camiño que consideraba a regulación normativa, o impulso da produción, a búsqueda de mercados... pero tamén uns premios que servisen de aval ao traballo ben feito. Eses galardóns concédeos a Academia Galega do Audiovisual, que programa un calendario ao estilo dos grandes premios, con festa de candidatos e unha gala de entrega. Os gañadores saberanse o vindeiro día 20 de marzo, pero a festa previa foi o pasado venres e con ela fixemos un repaso polos aspirantes ás estatuíñas.
A sala Sete Mares de Vigo acolleu o pasado venres a gala de candidatos dos premios Mestre Mateo 04, ou o que é o mesmo, os premios que destacan as mellores producións feitas durante o ano pasado. Unha das cousas que destacou a prensa desa festa foi a ausencia de moitos dos candidatos. Pero que moitos deles non estiveran na gala por estar traballando (é o caso, poñer un exemplo, de Luís Tosar ou de Luís Zahera), é un síntoma de que o sector funciona e avanza. Agora mesmo, están en proceso de rodaxe unhas dez co-producións que se están a gravar en diferentes puntos do Estado, onde hai técnicos, actores, actrices, guionistas e productores do país e cuxo resultado se poderá ver a partir do ano que vén. Agora é o momento de recoller o que xa está sementado.
Un dó no cumio
Hai varias cousas que destacan da listaxe de candidatos. En primeiro lugar, que as tres productoras con maior volume de produción compiten a mellor longametraxe: Continental con “A vida que che espera”, Filmanova “O ano da Carracha” e Pórtico “A Promesa”. Destas longametraxes, as dúas últimas son as principais favoritas con catorce candidaturas cada unha. E deste dó saen unha das estatuíñas máis codiciadas: mellor guión, mellor dirección, mellor intérprete masculino (que compiten coas actuacións de Luís Tosar e Juan Diego de “A vida que che espera”) ou mellor masculino secundario.
Jorge Coira debutaba este ano con “O ano da Carracha” e terá que medirse con outro galego, o coruñés Héctor Carré que estivo á fronte de “A promesa”. O traballo de Gerard Gormezano e Gustavo Balza en “As leis de Celavella”, a serie de televisión que ten nove candidaturas, e un veterá, Manuel Gutiérrez Aragón completan a nómina de aspirantes a mellor director. Nos guións hai varios nomes moi coñecidos no audiovisual galego como son Carlos Portela (“O ano da carracha”), Cheche Carmona, Puri Seixido e Elixio R. Montero (“As leis de Celavella) e Héctor Carré (“A promesa”) que compiten con Ángeles González Sinde e Manuel Gutiérrez Aragón con “A vida que che espera”. A película de Continental (co producida con TVG e Tornasol Films) con once candidaturas é a terceira producións con máis opcións, seguida das series de televisión do grupo Voz, “As leis de Celavella” con nove e “Terra de Miranda” con sete, candidaturas que tamén ten “O camiño de Santiago: a orixe” de Adivina Produciones.
Os requisitos
Era a primeira vez que nuns premios do audiovisual galego (primeiro premios Agapi, logo Chano Piñeiro e posteriomente Mestre Mateo) figuraba o idioma entre os requisitos. Segundo aparecía nas bases un dos criterios polos que se podía presentar un traballo audiovisual era que a versión orixinal fose en lingua galega. Un avance que pode abrir a porta a que as productoras se animen a rodar en galego. Pero non é un criterio excluinte. Os outros dous que figuran nas bases é que teñan un mínimo dun 25% de porcentaxe de participación dunha produtora galega ou que o a metade do equipo técnico e artístico sexa galego. Así que se explica que Juan Diego, Carmen Maura, Marta Etura, Clara Lago ou Ana Fernández estean na listaxe de candidatos.
Ademais, a Academia abriu este ano a posibilidade de presentar candidaturas aos propios profesionais, ás escolas e aos centros de ensino. O máster en Creación e Comunicación Dixital da Universidade da Coruña presentou os mellores traballos dos seus alumnos ás categorías de produción interactiva (antes produción multimedia) e de curtametraxes de animación (nesta categoría fíxoo con “Warhol- o agasallo de Andy”). Nesta última sección tamén concorre a EIS de Vigo con “Animhombre” e que competirán cunha produción de Dygra “O señor dos mosquis: Os dous tarros” e a premiadísima “Minotauromaquia. Paulo no labirinto”. A sección de curtametraxes de ficción tamén será difícil. Compiten catro curtametraxes: dúas seleccionadas polo Consorcio Audovisual de Galicia como son “A teoría do espello”, e “Lobos” xunto con “Toxic Percebe” unha produción da EIS e de Arcamaster e “A boa caligrafía” de Ciudadano Frame.
Por último, outra das grandes novidades é que este ano non haberá xurado, senón que serán os propios socios da Academia os que decidan quen serán os gañadores.
A pequena gran pantalla
No repaso polas vintecinco categorías, está tamén o pulso que botarán as series de televisión "As leis de Celavella", "Terra de Miranda" (ambas do Grupo Voz) e a máis lonxeva da pequena pantalla, "Pratos combinados". Outro dos programas máis veterás da televisión e o buque insignia da productora Pórtico, “Desde Galicia para el mundo”, tamén entra na carreira polos premios. Opta a dous: a mellor programa de televisión e a mellor presentadora (con Paola Rodríguez). Dúas seccións ás que tamén se presenta o programa cultural de TVG con “C de Cultura” que dirixe e presenta María Xosé Arrojo.
Os candidatos están listos. Agora só falta que a Academia Galega do Audiovisual decida quen fixo o mellor traballo. Saberase o vindeiro día 20 de marzo no Teatro e Sala de Concertos de Caixanova (antigo García Barbón), no transcurso da habitual Gala de entrega dos premios.