Hai a penas unha semana saÃa á luz a polémica. Presentábase un viño da variedade albariño baixo a Denominación de Orixe Ribeiro, ¿como pode isto ser posible? As figuras de protección e de control de calidade de diferentes alimentos permiten que paradoxos deste tipo sexan perfectamente lexÃtimos, ao amparar antes unha orixe xeográfica do que a composición dun produto. Ata vinte alimentos galegos contan con tÃtulos deste tipo.
Albariño do Ribeiro. A polémica salta ao se producir entre dúas Denominación de Orixe do paÃs. Por unha banda a RÃas Baixas, especializada no viño elaborado con esta caste de uva, e a Ribeiro, centrada en producir estoutro tipo de viño. No entanto hai xa anos que existe albariño feito en Portugal, en Cataluña ou mesmo en California sen que desde a denominación RÃas Baixas se teña creado ningún tipo de polémica, e ata a D.O. Ribeira Sacra recoñece ter viño albariño no mercado desde hai tempo. A cuestión de fondo é que o tÃtulo de Denominación de Orixe, e outros semellantes, centran os seus criterios de protección en criterios fundamentalmente xeográficos, entendendo como tales tanto o lugar de procedencia como o xeito en que se elaboran.
Definición
Segundo define o web do Ministerio de Agricultura e Pesca, Denominación de Orixe "é o nome dunha rexión, comarca, localidade ou lugar determinado que teña sido recoñecido administrativamente para designar viños". Uns viños, iso si, que deben "ter sido elaborados na rexión, comarca, localidade ou lugar determinados con uvas procedentes dos mesmos, gozar dun elevado prestixio no tráfico comercial en atención á súa orixe e cuxa calidade e caracterÃsticas débanse fundamentalmente ao medio xeográfico que inclúe os factores naturais e humanos". Alén diso, para obter este distintivo, un viño debe ter sido durante un lustro unha Indicación Xeográfica, figura de protección que non ten en conta o prestixio no mercado e que permite variacións na orixe da uva ou no proceso de elaboración do produto.
Os viños protexidos
Na actualidade existen en Galicia cinco zonas con Denominación de Orixe para os seus viños. Trátanse das denominacións Ribeiro, Valdeorras, RÃas Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra. Cada unha delas contempla a posibilidade de empregar diferentes tipos de uva para a elaboración dos caldos, e do mesmo xeito que as denominacións Ribeiro e Ribeira Sacra contemplan entre outras as posibilidades de empregar uva albariña ou mencÃa na RÃas Baixas poden facerse viños a partir de treixaduras ou loureiras, segundo se informa nos propios webs dos consellos reguladores. Son estes Consellos os que se encargan de velar pola calidade dos produtos finais e a orixe das uvas cos que se fan e vixÃan que produtores non autorizados se aproveiten da denominación de orixe.
Fóra do viño
Os termos "Denominación de Orixe" e "Indicación Xeográfica" só se poden aplicar a viños e bebidas espirituosas. Para o resto de alimentos empréganse as figuras de Denominación de Orixe Protexida e Indicación Xeográfica Protexida. Equivalente a esta última existe a Denominación EspecÃfica, unha categorÃa de ámbito autonómico que debe aprobarse polo Goberno Central e ser elevada á Unión Europea para ter validez. Esta figura protexe alimentos (non bebidas) producidas, elaboradas ou transformadas nunha zona xeográfica concreta que sexa, ben polas condicións naturais, ben pola acción humana, quen os dote de peculiaridades. Mentres, a Denominación de Orixe Protexida exixe que a totalidade do proceso de produción do alimento se desenvolva nun lugar e empregando produtos da zona. Para substituÃr e completar as denominacións anteriores á hora de falar de bebidas espirituosas creouse o concepto xenérico "Denominación Xeográfica". No noso paÃs aplÃcase ás variedades de augardente e licores tradicionais desde outubro de 2004. Foi nesa data cando se creou oficialmente un Consello Regulación das Indicacións Xeográficas que recollÃa as denominacións especÃficas que protexÃan o licor café, o augardente de herbas, o licor de herbas e o "Orujo de Galicia" (nome oficial da denominación especÃfica).
Os outros produtos
Alén dos viños e dos licores tradicionais, existen dez produtos que contan con este tipo de protección no noso paÃs. O máis recente, o Pan de Cea, que conseguÃa da UE o pasado mes de xaneiro o tÃtulo de Indicación Xeográfica Protexida polas súa elaboración artesá, sendo o primeiro pan que obtén este distintivo. Canda a el están protexidas deste xeito ou con Denominación EspecÃfica a Pataca de Galicia, o Mel de Galicia, a "Ternera Galega" e o "Lacón Gallego" (estas marcas están, ao igual que o orujo, rexistradas en castelán). Pola súa banda, contan con Denominación de Orixe Protexida o Mexillón de Galicia, os queixos de Arzúa-Ulloa, o de San Simón da Costa o de Tetilla e o Cebreiro.
Produto galego de calidade
Toda a lexislación estatal sobre estas cuestións organizouse en 1992 coa creación dun regulamento comunitario ao respecto que establecÃa os tipos de figuras existentes.
En 1983 creábase a denominación Produto Galego de Calidade coa intención de protexer a produción de alimentos tradicionais destacados do noso paÃs. Esta marca aplicouse ao Mexillón, o mel, a pataca, a tenreira galega é os queixos de Arzúa, o Cebreiro e San Simón. Ao iren adquirindo estes produtos os rangos de Denominacións de Orixe Protexidas e para harmonizar coa lexislación europea neste campo, derrogouse en 1999 o decreto que creaba a categorÃa Produto Galego de Calidade. Ademais de todos estes produtos, a agricultura ecolóxica galega conta co seu propio Consello Regulador que organiza os criterios polos que un alimento pode considerarse ecolóxico.
Futuro legal
De cara ao futuro, o Parlamento Galego aprobaba recentemente a Lei de Promoción e Defensa da Calidade Alimentaria Galega. Este novo texto establece criterios para "garantir a trazabilidade da produción agroalimentaria galega e crear un marco de competencia leal entre eles". Deste xeito, a lei modifica o funcionamento dos diferentes Consellos Reguladores para axeitalos aos requerimentos internacionais de calidade. Alén diso, crearase o Instituto Galego de Calidade Alimentaria, unha institución que, entre outras funcións coordinará a actividade investigadora e o desenvolvemento tecnolóxico para aplicarlles a estes produtos.
Novos nomes
A ConsellarÃa de PolÃtica Agroalimentaria anunciaba o pasado dÃa dezasete que están en marcha os procesos para que a UE recoñeza doce novas denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas en Galicia. Grelos de Galicia, Faba de Lourenzá, Tarta de Santiago, Pemento do Couto, Pemento de OÃmbra, Pemento Padrón de Herbón, Pemento de Arnoia, Castaña de Galicia, Chourizo Galego, Xamón Galego, Botelo Galego e Androia sumaranse aos produtos que contan con estes especiais xeitos de protección. Uns indicativos que garanten a calidade destes alimentos e que supoñen un destacado apoio ao desenvolvemento rural das zonas nas que se elaboran.