Os nenos son os protagonistas da nova colección de libros de Kalandraka

Libros a seteleguas

Os nenos de oito a doce anos terán, a partires de agora, novos libros pensados para eles. Son os títulos que forman a serie "Seteleguas. Para andar camiños novos" que inclúe oito volumes que recolle os mellores clásicos contemporáneos da literatura infantil. Unha edición que chega da man de Kalandraka que acaba de recibir o segundo galardón do "Premio Nacional de Libros Mejor Editados 2001" na cateogría de Libros Infantís e Xuvenís. E tamén de libros, esta vez para maiores, falamos aquí, xa que Espiral Maior acaba de presentar un volume que recolle unha crónica visual de "Malpica de Bergantiños". E por outro lado, porque Carlos García Bayón recupera o mundo de "Viana del Prior" que recreou Valle Inclán.







Libros con premio



A Editorial Kalandraka, que ten tan só 3 anos no sector editorial, está especializada na literatura infantil. Ás súas coleccións de Libros para contar: Demademora, Tasno Comdín e Trasno Comodín e Tras os Montes, agora engádeselle unha nova "Seteleguas". Unha nova que pretende achegarse ós máis novos recollendo os mellores clásicos contemporáneos da literatura infantil, coa intención de que "teñan mensaxe, pero non sexan moralizantes".
Os primeiros títulos que se editarán baixo esta colección son "Que bonito é Panamá", do alemán Janosch; e "Xonás, o pescador" de Reiner Zimnik. Son os dous primeiros volumes, encadernados con tapa dura e con ilustracións a cor, dunha serie de oito que formará a colección.
POlo demais, kalandraka está noraboa estes días logo de acadar o segundo premio do "Premio Nacional de Lbros Mejor Editados 2001" na súa mdalidade de Lbros Infantís e Xuvenís. Un galardón que concede o Ministerio de Eduación e Cultura.













Crónica visual



As páxinas de "Malpica de Bergantiños", que presenta a editorial Espiral Maior, son unha viaxe fotográfica a través da vida desta vila mariñeira. Un percorrido con 237 fotogramas estructurados en diversos capítulos "Panorámicas", "O mar do porto", "Momentos da vida", "Sociedade", "Fútbol" "Emigración e Educación" e "Artes escénicas".
A obra é froito dos traballos de Xan Fraga e Héctor M. Pose, que levan varios anos traballando na memoria agochada no tempo de municipios significativos da costa coruñesa.










O universo de Valle Inclán



A Deputación da Coruña acaba de editar o libro "Valle-Inclán y Viana del Prior", unha publicación que, segundo o seu autor, Carlos García Bayón, vén a sentar xustiza sobre a súa literatura. E é que segundo García estase a ofrecer unha figura de Valle Inclán incompleta ó esquecer os seus 18 anos que viveu na Pobra do Caramiñal na que se inspirou para construir "Viana do Prior", ou o que é o mesmo, o seu mundo mítico. Unha especie do Macondo de García Márquez ou da Marineda de Emilia Pardo Bazán, que Valle recolle nas súas "Comedias Bárbaras", sen a que non se pode dar sentido completo á súa obra.