O pasado 25 de febreiro Luar celebraba o primeiro dos dous especiais cos que pretende festexar que xa cumpriu 500 programas. Nin o frÃo, nin a neve que caÃa nos arredores de Touro, nin o mal tempo afectou ao rigoroso directo co que cada venres se presenta o Luar. Xa se sabe, o espectáculo debe continuar. O primeiro que chama a atención cando unha aterra ás nove da noite na discoteca Dona Dana de Touro é o sinfÃn de coches e autobuses que se suceden nun lugar que a penas chega aos 4.600 habitantes. Fina Cibeira, responsable de produción, comenta que o programa paga catro autobuses semanais, para os que hai unha lista de espera que encherá os programas de todo un ano. Pero hai quen non pode esperar tanto e decide ir no seu propio coche ou nos autobuses que alugan os veciños dun lugar, as amas de casa ou todo tipo de asociacións.
O pre-directo
Dona Dana non pode renegar do que é, por iso co primeiro pé na pista sénteste como nun guateque, cunha posta en escena que lembra á estética dos anos oitenta anegada por cabos, cámaras, grúas e sinalizacións que separan o que sae na pantalla e o que non; como a cafeterÃa que serve bocadillos e hamburguesas durante as mais de tres horas que dura a retransmisión.
O programa comeza sobre as dez menos cuarto pero o espectáculo arrinca moito antes. “O corenta por cento das imaxes que saen ao aire son de público, por iso José Ramón Gayoso vai preparando e animando á xente para que cando comece o programa o público apareza contento”asà explica Marisela Simón, unha dos cinco guionistas que ten o Luar, por que Gayoso xa está falando co público unha hora antes de comezar a emisión. Chistes, anécdotas e pequenas improvisacións fan que Gayoso se achegue ao público, conecte con el e cree ese ambiente distendido e popular do que ten sona o programa.
Mentres o público se vai animando no plató/pista de baile/escenario, Marisela vainos explicando que se fai en cada espazo das instalacións da Dona Dana. Imos polos camerinos, tropezamos con Regina dos Santos que entra ao seu cuarto logo de pasar por perruquerÃa, vemos aos gaiteiros da Real Banda de Gaitas de Ourense que van entrando ao lugar que lle indica Lola do equipo de Relacións Públicas. É ela quen vai acomodando aos artistas, informándoos de cal é a orde de aparición e do tempo que resta para a presentación de cada artista. Seguindo os cabos imos cara a unidade móbil que se despraza cada venres ata Touro para dar entrada aos vÃdeos, aos tÃtulos que identifican ao artista e á canción que interpreta, ademais de ter conexión directa co estudo central en San Marcos que fan posible a realización do programa.
Hora cero
Coa sintonÃa do Luar e coa presenza de Nieves RodrÃguez, a copresentadora e un dos rostros máis representativos destes trece anos de programa, chega o momento do guión; da forma na que van fiando unhas historias con outras e no que Luar foi cambiando bastante ao longo dos seus 500 programas.
Unha das cousas que caracterizan a este formato a medio camiño entre programa-concurso e musical é que ten dúas dimensións: unha a da música galega, a das gaitas e pandeiretas e outra a da música pop e a daquelas cancións que forman parte do imaxinario colectivo. Na primeira parte Mercedes Peón tivo moito que dicir. Foi ela quen achegou á pequena pantalla todo un traballo de recuperación e recompilación de cancións e costumes por toda Galicia. De feito, tanto Peón como outras caras coñecidas que pasaron polo Luar, recordaron nunha serie de vÃdeos a súa etapa no programa. A dÃa de hoxe Luar continúa co traballo de recuperación de tradicións musicais mediante un colaborador, un especialista en etnomusicoloxÃa que vai ofrecendo propostas semanalmente á dirección do programa e que logo vemos desde os nosos fogares.
Marta Sánchez, Paloma San Basilio, Sergio Dalma, Azúcar Moreno... asà ata un total cinco mil artistas pasaron polo escenario nestes trece anos de traxectoria. No programa de mañá (venres 4 de marzo, ás 21:45 horas) celébrase a segunda parte da conmemoración. Nesta edición especial continuarase cunha das cousas máis caracterÃsticas, como é facer cantar aos artistas que veñen de fóra unha canción galega. Foi asà como vimos a Latoya Jackson, a MarÃa do Monte, ou a Manolo Escobar tentar cantar (con maior ou menor éxito) “Apaga o candil”. Artistas que nalgúns casos esixen certas excentricidades que tampouco veremos en antena. Fina leva nove anos producindo o Luar, e pola súa memoria pasan centos e centos de anécdotas daquelo que o telespectador non viu nunca. Para ela cúmprese a norma xeral de “canto máis importante menos divo”. Entre as excentricidades que teñen pedido algúns artistas destaca a de Grace Jones, a cantante americana que contratou o Luar para un 24 de xullo. Fina lembra que “pediu desde camaróns ata unha marca de auga que non nos conseguiron nin en El Corte Inglés de Barcelona, ademais dunha serie de froitas exóticas e tropicais...”.
As intervencións dos espectáculos de maior reclamo están pensadas en función dos bloques publicitarios e do que se calcula que emitan noutras cadeas. Outra das cousas que tampouco se ve é saber que Luar contraprograma. A escasos metros de Gayoso, e dentro do espazo que non sae en antena o director (Manuel Abad) comparte mesa e mantel cun monitor no que ve o que emiten as outras cadeas. AsÃ, en función das grellas alleas, Luar entra en publicidade, dá paso ao humor ou presenta unha actuación estelar. Mentres noutras cadeas xa hai publicidade, media Galicia vive pendente do teléfono (este venres tampouco houbo gañador) ou goza cas actuacións estrela do programa.
Canteira con bo humor
Estamos cos anuncios e o persoal da TVG comeza a preparar o set para o Consultorio Sentimental. Se hai un filón que o Luar foi quen de explotar, e que lle deu moi bo resultado durante estes últimos anos, é o humor. O tándem máis de moda do panorama cómico galego, “Os Tonechos”, foi unha aposta deste programa que callou enseguida. De feito, co seu precedente, Luar pretende servir de canteira do humor galego dándolle cancha aos novos valores.
Voltamos da publicidade, actúa Xacarandaina e comeza o consultorio sentimental no que están Dorotea Bárcena, "O Rato" e LuÃs Zahera (o popular Petróleo de Mareas Vivas) que nos fan rir un anaco. Son nomes moi coñecidos da escena e do audiovisual galego. De feito, Luar foi a plataforma de despegue de nomes como Paula Vázquez, LuÃs Tosar, UxÃa Blanco (que xa era unha personaxe coñecida), Diana Nogueira.. actrices, actores, modelos que escreben a historia recente do espectáculo do paÃs.
Entre o concurso, as felicitacións polo programa que enviaron os emigrantes, o campionato de baile e as actuacións musicais é preto da unha. O programa leva un pouco de atraso pero son as cousas do directo. AÃnda que o público está tan animado (en parte porque hai un animador contratado para facer que os asistentes aplaudan e bailen cando manda as cámaras) que ninguén mira o reloxo. O Luar é como unha verbena pero con mesas e asÃ, venres tras venres nos últimos trece anos, invariable na grella de programación, cun 28,3 por cento de share que fan rendibles os preto de 72.000 euros que custa cada programa. Luar é moito Luar.
GalerÃa: 500 programas de Luar
Consultorio Sentimental (Dorotea Bárcena e O Rato)
GalerÃa: 500 programas de Luar
Gayoso, Socorrito e Nieves
GalerÃa: 500 programas de Luar
Gayoso, Pantera, Paula Vázquez, UxÃa Blanco e Mercedes Peón 1996
GalerÃa: 500 programas de Luar
(Luar 1993) Co-Presentadoras Kelly Germond e Nieves RodrÃguez
GalerÃa: 500 programas de Luar
Luar 1997 Gayoso, Yamilé e Helga
GalerÃa: 500 programas de Luar
Luar 1997 Os presentadores Xosé Ramón Gayoso e UxÃa Blanco
GalerÃa: 500 programas de Luar
Luar 1998 Gayoso e a Sra. Carme
GalerÃa: 500 programas de Luar
Luar 1998 Gayoso e Sonia López
GalerÃa: 500 programas de Luar
Luar 1998Gayoso e Carteiro
GalerÃa: 500 programas de Luar
Luar 1999 Gayoso y Diana Nogueira
GalerÃa: 500 programas de Luar
Luar 1999 Mela Casal
GalerÃa: 500 programas de Luar
Mª del Monte
GalerÃa: 500 programas de Luar
Os presentadores Xosé Ramón Gayoso e Nieves RodrÃguez
GalerÃa: 500 programas de Luar
Os Tonechos
GalerÃa: 500 programas de Luar
Os Tonechos
GalerÃa: 500 programas de Luar
Vista do escenario
GalerÃa: 500 programas de Luar
Banda de Gaitas Penalonga de Quins
Por xentileza do equipo do Luar, aquà che presentamos unha das escaletas do programa.
Unha escaleta é unha guÃa onde se estructuran os horarios e os contidos dun programa. Documento: guión.
Guión dun programa xa emitido de Luar, por xentileza do equipo do programa.