As empresas téxtiles ven as pasarelas como un investimento cunha alta rendabilidade

Paso a paso

A décimoquinta edición de Pontus Veteris, a única pasarela que se celebra en Galicia, tivo un custe de 150.000 euros. A Pasarela ponteveresa, con cifras entre dez e quince veces máis modestas que desfiles como Gaudi ou Cibeles, mobiliza a centos de persoas, supón unha produción especial (que vai desde deseño, vestiario, estilismo, coreografía…) para un evento que se prepara durante meses e que dura a penas dúas horas. Pero... ¿compensa todo este traballo?

Hai varios puntos no que coinciden os que se dedican ao sector da moda. En primeiro lugar, na importancia de mellorar nas creacións, de estar constantemente renovándose tanto técnica como conceptualmente e, en segundo lugar na necesidade de facer chegar as súas propostas ao gran público que, en resumidas contas, é o consumidor. Para iso, foron perfeccionándose ao longo do tempo estratexias de mercadotecnia, de vendas coas que naceron as grandes campañas de comunicación, pensadas en función do perfil de cada compañía. Pero existe un evento no mundo da moda que traspasa a barreira do puramente empresarial, que combina profesionalidade con popularidade e que están moi en voga: son as pasarelas.

Unanimidade
Charo Lorenzo, Secretaria Xeral da Cámara de Comercio de Pontevedra (entidade organizadora de Pontus Veteris) resume dun xeito moi gráfico porqué compensa celebrar un desfile. "As pasarelas compensan sempre por varios motivos, ás empresas interésalle por imaxe, á Cámara de Pontevedra porque supón unha actividade de promoción ao sector téxtil, é un evento social e logo permite ás empresas entrenarse en pasarelas para logo poder ir a desfiles de mais nivel". É o caso de Toypes, unha empresa lalinense que presentaba este luns en Pontevedra as súas propostas para o inverno 2005-2006 moi pouco tempo despois de facelo en Barcelona, no marco do prestixioso Salón Gaudí. José Ramón González, conselleiro delegado da empresa, destaca que "certamente existen diferenzas de custos entre a pasarela Pontus Veteris e Gaudí, mais esto débese ó feito de que, ó meu parecer, as dimensións e as pretensións de cada unha delas son diferentes. O importante é que, tendo en conta cada seus recursos, ambas poidan acadar os seus obxectivos". E os seus obxectivos consisten en facer chegar ao público a proposta dunha colección. Un feito no que tamén coincide Nicolás López, director financeiro de Montoto, outra empresa tamén lalinense e que estivo en Pontevedra este luns. "Desde o punto de vista empresarial, explica Nicolás, é importante a nivel de imaxe e de comunicación, porque chega a un montón de persoas e permite darlle unha imaxe a un nome e a marca". Pero Charo Álvarez, alma máter e deseñadora de Charoa, é moito máis rotunda “o que non amosa non existe. É a adrenalina do risco, exposte como os toureiros: aplausos ou pitos”. As propostas que se exhiben nun desfile poden gustar ou non e a súa acollida é un indicador de como van funcionar as propostas nas tendas.

Preparación
A preparación das pasarelas é, aínda que poida parecer simple, un proceso moi longo que sufraga entre a Cámara de Comercio, os patrocinadores (nesta edición a Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra, Caixanova e Ron Brugal) e os deseñadores. Algunhas firmas galegas precisaron de meses para preparar un desfile de dúas horas. “Ademais da escenificación, asegura Ramón González de Toypes, hai outros datos a ter en conta. Para chegar a obter o resultado, compre considerar un longo proceso, no que interveñen múltiples persoas, dende o equipo de deseño (onde se xermina a esencia da colección, selecciónanse os tecidos, realízanse as probas técnicas, etc...), pasando polos estilistas, os coreógrafos, técnicos de son, rexedores, ata os modelos, vestidores...”. Hai custes cuantificables e outros que non, e aí é onde entra a dimensión social da pasarela. A retransmisión en directo do evento por Televisión de Galicia, así como a presenza de medios de comunicación de todo o estado fixo que as propostas de Toypes, Montoto, Chaoa, Araújo Piel e Florentino que formaba parte das firmas que desfilaron multiplicaron as posiblidades de comunicación. Desde Montoto, Nicolás López recalcaba este feito, “é unha forma de chegar á maior número de xente posible”. Ademais de que algunhas firmas aproveitan as fotos destas citas para elaborar os seus catálogos comerciais, o prestixio que se lle presupón anima aos deseñadores a participar.

As outras pasarelas
A pasarela galega foi unha iniciativa que a Cámara de Comercio de Pontevedra puxo a andar hai sete anos. En principio fíxoo como un apoio ao sector téxtil da provincia de Pontevedra, pero vendo a rendabilidade que tiña o producto foi ampliando as súas miras. A secretaria xeral, Charo Lorenzo, explica entre os criterios que se lle esixen están “que teñan coleccións homoxéneas e compatibles entre elas, que sexan empresas que conten cun determinado nivel de facturación e que estean internacionalizándose”. Un paso no que as firmas galegas están dando pasos (aínda que desiguais) moi importantes e no que as pasarelas teñen moito que dicir.

A cita de Pontevedra naceu á estela do impacto empresarial e mediático que supuxeron as pasarelas máis importantes: Cibeles en Madrid e Gaudí en Barcelona. Co intento fallido de Campus Stellae que celebrou tres edicións, a cámara de comercio ofreceu unha proposta modesta que se vai consolidando co tempo. Paralelamente medra o número de empresas/firmas galegas que participan nos desfiles estatais. Este ano estiveron en Cibeles Antonio Pernas, Kina Fernández, Olga Ríos (que participaba por primeira vez) e Jorge Vázquez. En Barcelona, no marco do Salón Gaudí ademais de Toypes, estiveron Cristóbal Vidal ou a viguesa Gloria Rodríguez Figueroa que presentou a súa primeira colección individual. Neste punto cómpre lembrar que o tamén galego Roberto Cid deseñou algún dos modelos dentro do equipo que Elio Berhanyer puxo sobre a pasarela.

Nos carteis das proposta faltaban nomes habituais como Caramelo, Adolfo Domínguez ou Roberto Verino, pero as súa ausencia só é temporal, porque forma parte procesos de reestructuración das compañías a medio e longo prazo, actualmente inmersos en proxectos de internacionalización das súas empresas.

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Toypes

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Toypes

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Toypes

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Toypes

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Toypes

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Toypes

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Toypes

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Toypes

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Toypes

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Toypes

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Toypes

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Montoto

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Montoto

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Montoto

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Montoto

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Montoto

Galeria: Está de moda

Galeria: Está de moda

Montoto