O suplemento de La Voz de Galicia, “Culturas”, chega ao número cen. Para celebralo o xornal ten previsto un par de actividades. Por unha banda, este xoves inaugurará unha exposición no Pazo provincial de Pontevedra que reunirá aos representantes da cultura feita en Galicia. Pola outra, o xornal non quere deixar de lado aos seus lectores, de aà que no seu sitio web vén de abrir un espazo para que os usuarios acheguen as súas propostas para mellorar a cultura galega. Por suposto, as súas respostas poderanse ver na edición número cen que chegará aos quioscos este sábado.
Máis información en La Voz de Galicia