Microsoft e a empresa galega Imaxin Software, coa colaboración da Dirección Xerla de PolÃtica LigüÃstica e o Instituto da Lingua Galega (ILG), foron os responsables da realización do corrector ortográfico galego 2.mill. Esta ferramenta, que foi presentada onte, poderá empregarse co procesador de textos Word e con todos os programas do paquete Office-XP e Office2000. Esta nova chega poucos dÃas despois de que se coñecese o primeiro glosario de termos informáticos galegos, realizado pola traductora Ana Hermida e dispoñible na rede.
CorrÃxete
O novo corrector inclúe a función de autocorrección e un motor de suxestións optimizadas, recollendo vinteún millóns de fórmulas válidas e unha rapidez de corenta e seis mil palabras por minuto. Tamén inclúe un módulo de corrección tipográfica e ortográfica e diccionarios para a corrección textual e a detección de palabras repetidas. Por se fose poco, o programa ofrece suxerencias sobre plurais, dialectalismos e topónimos entre outas posibilidades. A posibilidade de aplicación ó paquete de programas Office-XP inclúe a posibilidade do seu emprego na folla de cálculo Excel, a base de datos Access, o programa de presentacións Powerpoint ou o cliente de correo Outlook. O proxecto tivo un custo de trece millóns de pesetas e o programa distribuirase gratuitamente en CD-Rom entre centros educativos e departamentos da Administración e poderá descargarse desde a páxina web de Imaxin.
Glosario de termos de Internet
Ana Hermida é unha traductora recén licenciada afeccionada á informática e que xa leva algún tempo na rede coa súa web persoal. Agora presenta o seu proxecto fin de carreira, un glosario de termos de Internet en galego, inglés, castelán e portugués que é o primeiro que se publica na nosa lingua. O glosario recolle douscentos cincuenta termos, explicando na versión galega a categorÃa gramatical das diferentes palabras. Ademais, inclúe as formas máis habituais en Iberoamérica daqueles termos en español e portugués. Segundo a súa autora, non existe unha coordinación na terminoloxÃa, e os glosarios xeralistas adoitan ofrecer información pouco clara á hora de tratar temas tan especializados coma este. O glosario é accesible na páxina da Universidade de Vigo, e xa foron moitas as institucións, organismos e particulares que amosaron o seu interese por el.