Un curso en Vigo amosará o proceso completo de como tres autores converteron as súas ideas en libros

Viaxe ás entrañas do libro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O curso “Como nace un libro. Da idea ao produto” procurará, a través dos autores Rosa Aneiros, Kiko Dasilva e Antonio García Teijeiro, explicar o proceso técnico e creativo do nacemento dunha obra literaria. Os asistentes a este curso de balde que se celebrará en doce sesións desde o 5 de abril ao 21 de xuño, na Sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Vigo poderán seguir todas as fases da traxectoria do libro desde a súa concepción e escritura ata a publicación, distribución e venda das obras.

Máis información en El Simposio

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Rosa Aneiros, Antonio García Teijeiro

Claves

Lugares