O dolmen de Pedra Cuberta, en Vimianzo, o coñecido coma Casa da Moura en Torodia, poderían caer se non se realizan rapidamente accións de rehabilitación sobre eles. A erosión do medio por unha banda, e a acción humana pola outra están a pór en perigo a permanencia destes monumentos. Mentres se agarda pola recuperación dos dólmenes chéganos desde Compostela a noticia de importantes obras de rehabilitación no casco histórico, que afectarán a algunhas das rúas máis importantes da zona vella e a unha boa chea de monumentos.
Dólmenes que caen
O dólmen de Pedra Cuberta, en Vimianzo, corre risco de derrubamento por causa da fisura nunha das louas do seu corredor. Esta fisura, detectada por un equipo de investigación da USC dirixido polo profesor Ramón Fábregas de Santiago en 1998, está causada pola presión que as raíces dun piñeiro causaan sobre o conxunto. Aínda que a fenda ten unicamente un centímetro de ancho, a presión da árbore pode incrementar a importancia desta fisura e provocar o derrube do monumento.
En Tordoia, o dolmen dos Cabaleiros, coñecido coma Casa da Moura, presenta unha fenda na parte inferior da laxe que o cubre que podería pór en perigo o conxunto. Segundo viron dous arquitectos da Deputación Provincial da Coruña, esta fenda podería provocar a ruptura do monumento e que é unha fisura activa, que provoca o desprendemento de pequenos anacos de granito. Agardando a que a Deputación poña en marcha unha acción de rehabilitación sobre o conxunto, polo de agora prohibiuse o acceso á parte superior do dolmen.
Arranxar rúas e monumentos
O Consorcio de Santiago anunciou o investimento de 557.000 euros (uns 126 millóns de pesetas) para realizar obras de restauración en cinco rúas e en vrias igrexas. Así, rúas tan destacadas do casco histórico como son as do Preguntoiro, Orfas, Caldeirería, Batizados e Santa Clara verán arranxado o seu pavimento, contando cun orzamento de 348.000 euros. Por outra banda, uns 420.000 euros irán destinados á reparación de destacados monumentos relixiosos coma as igrexas de San Agustín, Ánimas, santa clara, San Pedro de Busto, Belvís, San Martiño Pinario, Carme, Santa María do Camiño, San Paio de Antealtares, A Peregrina e San Miguel dos Agrso. Tamén se porán en marcha obras de mellora nas rúas Rosario e Angustias. Desde o Concello, ademais, está a comezar o programa de arranxos dos canalóns danados nos últimos temporais, e deuse permiso á rehabilitación de nove locais comerciais e de catorce casas na zona vella. Finalmente, as rúas de Algalia de Arriba e Algalia de Abaixo veranse comunicadas por un novo logo da construcción dun hotel nun dos solares da zona. Este paso existía xa ata o século XIX pero viuse pechado pola construcción dun galpón empregado coma cocheira.