O dÃa que vimos aos nosos veciños saÃr pola televisión cambiou o concepto da comunicación. Foi grazas ás televisións locais que converteron o cotiá nun feito noticioso ao que levar as cámaras e os focos. Hoxe melloraron a súa emisión, acomodáronse no panorama televisivo e viron no local o seu valor diferenciador. Picaresca, enxeño e a colaboración dos veciños marcan a televisión de proximidade no dÃa a dÃa.
Falar de televisión local é facelo de pequenas empresas (a maior parte delas privadas), con pouca infraestructura tecnolóxica, cunha media de 15 traballadores e onde todo o mundo fai de todo e con orzamentos reducidos. Para Marcelo MartÃnez, profesor de Ciencias da Comunicación que realizou a súa tese de doutoramento sobre as televisións locais en Galicia, “o perfil dunha televisión local pasa por ser empresas basicamente privadas, con pouca profesionalización, sen ningún tipo de especialización nin temática nin técnica, cunha dotación precaria aÃnda que ultimamente tirando cara a tecnoloxÃa de produción dixital aÃnda que obsoleta, para os medios que hai hoxe”. En canto a contidos, Marcelo ten estudiado as grellas das televisións locais e afirma que “son os informativos no que basean toda a súa produción, exceptuando algún que outro documental, programa deportivo, magacine con colaboradores e que son os que poden crear un tipo de participación cidadá”.
De grella en grella
Falando coas televisións locais a regra xeral descrita por Marcelo cúmprese perfectamente. Informativos, magacines, programas deportivos e programas de lecer (desde programas-concurso ata programas de cociña pasando por programación cinematográfica) son a produción propia coa que conta a televisión local. Xosé Gil González, técnico de realización de DezTV (antes Canal Deza) resume a súa produción propia nos informativos diarios e en “A Peneira”, un programa de debate sobre cuestións de actualidade. “O primeiro que nos preguntamos (á hora de decidir que programa facer) é saber que queremos facer e se podemos facelo. Nos realmente estamos nunha área de influencia agrogandeira e é un factor que temos en conta á hora de deseñar a televisión”. O caso de DezTV é o dunha televisión privada que vén de ampliar o seu ámbito de cobertura (antes LalÃn e a comarca do Deza) e que agora conta cunha delegación propia en A Estrada e cubre un ámbito xeográfico moito máis amplo. Televisións deste tipo hai varias, Telemiño, Ribeira Sacra, BarbanzaÂ….. que comparten obxectivos coas televisións do grupo Localia (Localia Ferrol, Localia Coruña, Localia Vigo, Localia LugoÂ…) que contan cunha infraestructura maior (chegan a ter ata 35 traballadores) o que lles permite producir máis programas propios. O magacine “Lucus IntrÃngulis” que comezou a emitirse a semana pasada, sintetiza boa parte dos criterios que segue un programa de produción propia. Carme Rivas, axudante de realización de Telelugo, explica que “Lucus da o nome ao que é a nosa cidade, ao más emblemático e nel prendemos dar a coñecer historias da muralla, do noso patrimonio, cousas que están ao noso redor e da que posiblemente non dos decataramos”. No percorrido pola grella da cadea a televisión lucense conta con “programas de deportes, de universidade, de programas de entrevistas, un de astroloxÃa e outro de cociña”. Unha programación na que, segundo Carme “tratamos implicar e traer convidados de diferentes partes, non só Lugo, senón tamén a provincia”. A implicación cidadá sempre chega a través das mesmas vÃas: ben por teléfono ou ben por correo electrónico.
“Os criterios da nosa programación son, antes de nada os informativos, temos que informar á xente. E logo facer algo lúdico que poida servir para todo tipo de público”. Deste xeito Pilar Fernández do departamento de produción de Televigo resume os criterios que xustifican a programación da televisión na que traballa e que son extensibles a todas elas.
O caso dos informativos
Ana Isabel RodrÃguez é profesora de Comunicación Audiovisual e realizou a súa tese de doutoramento sobre os informativos diarios nas televisións locais galegas. AÃnda que os datos son de da temporada 97 e 98, o seu estudo obtivo datos xerais perfectamente aplicables ao dÃa de hoxe. Segundo Ana Isabel “nas televisión analizada (televisións privadas das grandes urbes) o que me atopei é que emiten contidos de proximidade, do ámbito de cobertura, onde a polÃtica tiña un peso especÃfico moi importante e que recolle desde colectivos veciñais ata distintos tipos de asociacións”. Segundo Ana Isabel, as televisións locais daban entrada nos seus espazos informativos a eventos culturais e sociais que a Televisión de Galicia (que era a súa competencia máis próxima) non incluÃa. Ademais, considera que “mimetizan os esquemas, é dicir, a distribución dos contidos en polÃtica, sucesos, economÃa e sociedade, cultura e deportes”. Iso si, coa súa propia imaxe corporativa, con caretas de entrada, transicións sonoras e visuais que separaban os bloques temáticos. Por último, unha das múltiples conclusións ás que chegou Ana Isabel é que “as televisións locais actuaban como axentes dinamizadores da realidade socioeconómica”.
A televisión do futuro
A dÃa de hoxe en Galicia, o panorama das televisións locais conta cunha corentena de cadeas. Un perfil que vai a mudar en breve coa conversión do sistema dixital analóxico cara un dixital. Segundo o Plan Nacional de TecnoloxÃa Dixital Terrestre, Galicia terá vinte demarcacións que supón unha ratio de catro licenzas de televisións dixitais por cada unha delas. Un feito que supón unha remodelación do espazo audiovisual cunha nova normativa autonómica anunciada por Pérez Varela para a televisión dixital autonómica e local e que entrará en vigor no primeiro semestre deste ano. As licenzas de televisión local terán unha vixencia de cinco anos e, segundo avanzou Pérez Varela imporáselle a obrigatoriedade do galego nunhas emisións que han de ter un mÃnimo de 32 horas semanais, das que o 60% do que se exhiba será de produción propia. Para Marcelo MartÃnez, “o que se produce co dixital é unha discriminación do rural que non ten en conta a comarcalización que se creou a partir da televisión local”. Para Marcelo non é unha polÃtica de comunicación axeitada porque o novo modelo de televisión local deberÃa ter asentado a comarcalización xa preexistente, é dicir, reforzar os valores identitarios que xa tiñan creados as televisións locais e que supoñen unha volta á indefinición do modelo de televisión local.