Cando o Concello da Pobra decidiu organizar unha recollida de fotografÃas de Hermógenes Garita, un dos pioneiros desta arte en Galicia, non podÃan supor que Ãan descubrir unha saga de fotógrafos pouco coñecida no noso paÃs. Canda Hermógenes traballaban a comezos de século en Galicia outros catro irmáns Garita que dixaron abondosos restos da súa arte. Tamén en Ourense están de recuperación histórica. O Liceo da Cidade das Burgas comezará a semana que vén o VII Ciclo de Jóvenes Investigadores no que varios estudiantes explicarán os seus traballos sobre diferentes momentos históricos da provincia.
Catro fotógrafos
A busca de fotografÃas realizadas por Hermógenes Garita na Pobra permitiu que se descubrise unha saga de fotógrafos de realizaba o seu traballo na Galicia de principios de século.
O obxectivo do Concello da Pobra era organizar unha mostra cos traballos de Hermógenes Garita, un fotógrafo orixinario de Vitoria que en 1892 instalou un estudio en Ourense e se trasladou puco despois á Pobra, onde traballou ata a súa morte en 1946.
Logo dun chamamento ós veciños para que participasen na colleita de fotografÃas, o concello recibiu máis de cen nunha semana e deu a coñecer a outros tres Garita, Pablo, Pedro e Augusto, que desenvolveron o seu traballo a comezos de século e que traballaron na Pobra, VilagarcÃa, Santiago, Trives e Ourense. Sen embargo, non está comprobado que todos eles fosen irmáns do primeiro.
Ata o de agora non se coñecÃa polo miúdo os traballos destes catro pioneiros, que traballaban aÃnda con cámaras sen obturador nas que habÃa que destapar o obxectivo manualmente para permitir exposición das placas de cristal empregadas coma negativos.
Entre as fotografÃas recuperadas entre os veciños atópanse varias estampas da Pobra, ademais de elementos tan curiosos coma un retrato colectivo realizado durante a visita de Alfonso XIII á illa da Toxa. Especúlase coa posibilidade de que algún dos presentes na fotografÃa fose un membro da familia Borbón non recoñecido. A maior parte dos traballos dos irmáns Garita son retratos da clase social media-alta da época.
Desde o concello pretenden que a mostra de homenaxe a quen introduciu a fotografÃa na zona poida inaugurarse durante este mesmo mes no auditorio municipal.
Novos historiadores
O Liceo de Ourense porá en marcha a semana que vén o VII Ciclo de Jóvenes Investigadores, un encontro no que novos estudiosos expoñen os seus traballos sobre Ourense.
AsÃ, nesta ocasión son catro licenciados en Historia os que amosarán as súas últimas descubertas sobre perÃodos concretos en Galicia.
AsÃ, Diego Rego amosará o luns a súa investigación sobre a presencia da Guerra de Cuba na prensa galega e o posicionamento dos diferentes xornais. O martes Sonia RodrÃguez falará sobre o convento de San Domingos de Rivadavia dentro do seu estudio sobre a mentalidade da Igrexa na Idade Media e a instalación da orde dominica no rural. Adriángela Menéndez explicará a súa análise do comercio de Valdeorras a través da cerámica. O último dos estudiosos que presentará as súas investigacións será Jorge Abraham Vila co estudio sobre o Castelo Ramiro de Ourense, destruido e reconstruido en diferentes ocasión ata o seu derrubamento definitivo durante a revolta irmandiña do século XV.