Filloa Records é a marca que hai dez anos creou Dygra para facer producións multimedia. Pero co paso do tempo a empresa que dirixe Manolo Gómez veu a necesidade de reconducir o seu camiño, pero sempre relacionada co mundo do cinema. Por iso, desde onte Filloa é un selo discográfico. A súa actividade desenvólvese en dúas velocidades. En primeiro lugar seleccionarán as vinte cancións que formarán parte da BSO de “O soño dunha noite de San Xoán”, que logo editarán en DVD con distintos extras como xogos e un karaoke. O segundo impulso da compañÃa é máis ambicioso e pretenden darlle identidade propia ao selo, aÃnda que de momento non teñen definido o seu estilo musical. O compositor Arturo Kress será o encargado de dirixir esta nova etapa da filial de Dygra.
Máis información no web da empresa Filloa Records e en La Opinión