A Fundación Otero Pedrayo é noticia novamente porque xa ten presidente. Na mesma xuntanza na que decidiron outorgar o premio Trasalba a título póstumo a Agustín Sixto Seco, confirmaron a nova presidencia da institución, que queda do seguinte xeito: Víctor Fernández é o presidente, Ramón Villares o vicepresidente do Consello Reitor e Antón Vidal o secretario. Por outra banda, a directora do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), Carlota Álvarez Basso, vén de ser nomeada primeira presidenta da Asociación de Directores de Arte Contemporánea de España (ADACE). Unha asociación que se acaba de constituír en para mellorar a situación dos profesionais que traballan nos museos e propugnar o recoñecemento da museoloxía como actividade recoñecida.
Máis información sobre a Fundación Otero Pedraio en Galicia Hoxe e sobre a presidencia de ADACE no Faro de Vigo