O escritor e filósofo checoslovaco Milan Kundera, autor de obras como "La insoportable levedad del ser", foi elixido esta mañá gañador do premio Arcebispo Juan de San Clemente na categorÃa de mellor novela estranxeira pola súa obra "La Ignorancia". Nos apartados de mellor novela galega e mellor novela española resultaron seleccionados Bento da Cruz por "A loba" e Manuel de Lope por "La sangre ajena", respectivamente. Estes premios, que otorgan os estudiantes do Instituto RosalÃa de Castro de Santiago, teñen como obxectivo fomentar a lectura entre os máis novos.
Ata a decisión final
O venres 16 de maio deste mesmo ano o director do Instituto RosalÃa de Castro de Santiago, Ubaldo Rueda, facÃa pública a selección dos finalistas desta séptima edición dos Premios Arcebispo Juan de San Clemente. Asà o gañador do premio á mellor novela estranxeira sairÃa elixido entre tres novelas candidatas: "El dÃa de todas las almas", de Cees Nooteboom; "A viaxe de Baldassare", de Amin Maalouf, e a gañadora "La ignorancia", de Milan Kundera. Na categorÃa de mellor novela en lingua galega Bento da Cruz impuxose sobre a obra de Antón Riveiro Coello "As Rulas de Bakunin", e "Expediente Artieda", de LuÃs Rei Núñez. Pola súa banda, na categorÃa de mellor novela en lingua española, "La sangre ajena" de Manuel de Lope tivo que competir, polo favor dos estudiantes, contra "Rabos de lagartija", de Juán Marsé, e "MarÃa Bonita", de Ignacio MartÃnez del Pisón.
Premios e premiados
O Premio Arcebispo Juan de San Clemente dotado de 500.000 pesetas en cada categorÃa, foi fallado polos estudiantes do Instituto de Ensinanza Secundaria de Vilar Ponte de Viveiro (Lugo), o Mixto de Ribadavia (Ourense), o XelmÃrez I de Santiago e o Sánchez Cantón de Pontevedra, ademais do RosalÃa de Castro de Santiago, que como organizador de esta iniciativa colabora tódolos anos. O certame, que ten como principal obxectivo fomentar o hábito da lectura entre os escolares, xa premiou en edicións anteriores a escritores como José Saramago, Mario Vargas Llosa ou Suso de Toro entre outros, lista á que este ano haberá que engadir os nomes do checoslovaco Kundera, o portugués Bento da Cruz e o burgalés Manuel de Lope.
As novelas premiadas teñen unha temática ven diferente, asà a trama de "La Ignorancia" de Kundera organizase arredor do conflicto do regreso á patria tralo exilio dunha parella de mozos. Pola súa banda, a Guerra Civil española (1936-39) é o telón de fondo da novela do burgalés Manuel de Lope, "La sangre ajena". E por último a traxedia de "A loba", de Bento da Cruz, narra feitos e situacións que foron comúns ás aldeas de Galicia e Portugal e que, por moi incrÃble que pareza, aÃnda seguen a producirse hoxe en dÃa.
Os premios non se entregarán ata xaneiro do ano 2002, xa que despois de informar ós gañadores será preciso fixar unha data común na que os galardoados poidan visitar Santiago para recoller o seu premio. Ademais, aÃnda está pendente o acto de entrega dos premios da sexta edición
deste certame literario, que se celebrará en decembro deste ano, á que acudirán os gañadores que foron os escritores Paul Auster por "Tombuctú", Hernán Letelier por "Fatamorgana de amor con banda de música" e XelÃs de Toro por "Os saltimbanquis do paraÃso".