O popular “¿ghastas pista?”, dito desaparecido das pistas de baile como estratexia de ligue, deixa paso a fórmulas máis sofisticadas e cada vez menos populares. Ligar é inherente á natureza humana que busca fórmulas de achegamento máis ou menos enxeñosas e con resultados desiguais. Hoxe é 14 de febreiro. Para uns un dÃa máis, para outros un dÃa especial, para algúns un dÃa netamente comercial e para outros un dÃa para esquecer. En todo caso, “San ValentÃn” é unha desas datas que non pasan desapercibidas.
O amor evolucionou de tal xeito que hoxe viaxa en forma de sms, mms ou videoconferencia onde os amantes se comunican, cada un ao seu xeito, nunha data coma a de hoxe. Lonxe quedan aqueles xogos da cadela, o xogo dos beliscos ou o xogo de prendas que actuaron como “profesores” para achegarnos á outra persoa durante as nosas infancias. Exactamente igual que os nosos antecesores, aÃnda que con fórmulas máis “actualizadas”. Ligar é tan vello como a historia da humanidade.
Mitos e ritos
Desde as cantigas de amor, a literatura popular e as lendas urbanas, chegan ata os nosos dÃas centos de fórmulas, rituais e frases feitas que se utilizaron para atraer á persoa amada. Nun primeiro lugar, desde sempre falouse da preparación e celebración de ritos de namorar. Ao pé do lume, ungüentos a base de herbas namoradeiras, rituais con lume e en determinadas estacións lunares e mesmo invocacións ás estrelas, ás meigas e/ou a determinados deuses. Despois, para comprobar se foron efectivos, o imaxinario popular
desenvolveu outros tantos métodos para certificar ese amor correspondido: consultas á natureza (“deshojar la margarita”), proba dos panos, proba das tres xuncas, proba da serpe, preguntas ao cucoÂ… fórmulas que certificaban ou desmentÃan o que o ritual afirmaba.
Lendas urbanas
Desde que os fiadeiros, as verbenas e as lareiras deixaron de ser os únicos lugares de contacto entre os mozos e non tan mozos, onde os "parrafeos" e ás fórmulas establecidas para chamar ás casas deixaron de ter a súa importancia e as palabras foron adecuándose aos novos momentos. Coa chegada da noite e a rutinización das saÃdas nocturnas, as discotecas e locais rururbanas desenvolveron fórmulas manidas, a medio
camiño entre mito e realidade, que funcionaron como estratexia de ligue; como fórmula establecida para iniciar o contacto. “¿Ghastas pista?”, “Moza… ¿cantas
vacas tes?”, “moza ¿dámoslle ao sulfato?” ou “¿Medimos a leira a rolos?” son só algunhas das múltiples e variadas fórmulas que forman parte do imaxinario colectivo desas estrataxemas. Fórmulas autóctonas que conviven cos mÃticos “¿coñézote de algo?” ou “¿lémbraste de min?” propias de ámbitos máis urbanitas.
A internet, as tres xeracións de teléfonos móbiles e a tecnoloxÃa en xeral non foi alleas ás técnicas do ligue e cada quen emprega o seu enxeño para conseguir o que quere. Sirva como mostra disto a proliferación de concursos de “mensaxes de amor vÃa sms” que se veñen de convocar con motivo da data que hoxe se celebra. Fórmulas que convive coas tradicionais cartas por correo ordinario, envÃo de flores, intercambio de agasallos, bombónsÂ….
E despois… ¿qué?
As cousas do querer non sempre son románticas, platónicas e idÃlicas. O amor acaba sendo unha cuestión práctica e a parella galega non é allea a todos os movementos sociais que se producen en todo o Estado. Matrimonio (polo civil ou polo eclesiástico) ou parellas de feito son as fórmulas adoptadas pola parella para a súa vida en común. Coa creación nalgúns concellos galegos dos rexistros para este último tipo de parellas, comezouse a cuantificar un tipo de unión que está moi en voga. AÃnda asÃ, os rexistros de unións civÃs e canónicas seguen a ser os máis elevados, segundos os últimos datos ten o INE, en Galicia durante o 2002 casáronse 12.216 persoas (das que 9.772 resolveu facelo pola Igrexa).
Pero se o ritmo de unións segue en escalada, o de divorcios e separacións tamén. Nese mesmo ano (2002) unhas 6.563 parellas decidiu poñer punto e final ás súas relacións. Ademais do aumento do número de divorcios (un 7% máis que no último ano), o Instituto de PolÃtica Familiar alerta que cada vez duran menos os matrimonios. Segundo as estatÃsticas que se poden consultar no seu web, a metade dos casados sepárase antes dos dez anos de convivencia e sete de cada dez non conseguen superar a barreira dos 15 anos.