Coñécense os finalistas dos premios Xerais e Merlín, que se fallan este sábado

Emoción previa

Xa se coñecen os finalistas para os premios Xerais de Narrativa 2001 e os Merlín de Literatura Infantil. Sete obras entre as que o sábado se escollerán dúas gañadoras. Onda estes premios tamén se outorgará o V Premio Xerais á cooperación editorial. Ademais destas, o mundo editorial galego conta hoxe con outro foco de atención, o nacemento en Ourense dunha nova editorial. Duen de Bux.

A polos premios


Dous dos premios máis importantes nas súas respectivas categorías, o Xerais de Narrativa e o Merlín de Literatura Infantil, faiaranse este sábado en Viveiro nunha cerimonia na que tamén se entregará o V Premio Xerais á cooperación editorial. Onte xa se deron a coñecer os títulos das obras finalistas de cada unha das categorías, sen que se coñeçza ata o de agora o nome do autor de ningún dos libros.
Para o XVIII Premio Xerais, o xurado cmposto por Xoan Neira, Ramón Pernas, Xesús Fraga, Carmen Lage, Fausto Galdo e Fran Alonso, seleccionou as obras "Atuado na braña", "Desparaíso" e "Nas transparencias do Miño" entre as vintecatro candidatas. "Atuado na braña " é unha novela de intriga, na que o protagonista indaga sobre o seu propio pasado mentres pescuda por un irmán descoñecido. "Desparaíso", pola súa banda, caracterízase por amosar as visións confrontadas de dúas xeracións da mesma familia. "Nas transparencias do Miño" é unha novela histórica que recupera o Portomarín dos anos cincuenta a través dos ollos dun neno.
En canto á XVI edición do Premio Merlín, presentáronse un total de trinta e dúas obras, entre as que o xurado composto por Ariadna Bertolo Fafián, Sofía Paleo Mosquera, Elisabet Gómez Fernández, Fernanda González Briones, Miguel Vázquez Freire e Helena Pérez escolleu "Costureiriña bonita", "Álvaro Edén", "Cortiña", "Ariadna" e "Galopín".
"Costureiriña bonita" narra a historia dunha costueira que cose unha merla de trapo para currar a tristura do merlo de ferro. "Álvaro Edén" fala de Catuxa, unha gardía de soños que vive co seu avó no país do Comentelo. "Cortiña" é un conto de humor no que o mestre Mateo toma vida para facer o camiño de Santiago no Xacobeo de 1999. "Ariadna" é a crócina da viaxe que realizan Ariadna e Ariadna cara o planeta Terra. Finalmente, "Galopín" narra as aventuras dunha rapaza que busca o seu pai no medio da Revolta Irmandiña.















Duen de Bux



Ourense conta desde hoxe cunha nova editorial. Duen de Bux", que así se chama a recén chegada, pretende manter coleccións sobre disciplinas tan variadas coma a Historia, a Historia da Arte, a Música ou a Iconografía. O seu director, Alfonso Prada Allo, presenta hoxe na Cidade das Burgas o seu libro "A sociabilidade na Historia contemporánea", que inicia a colección sobre Historia dirixida por Alberto Valín. Esta colección publicará estudios e monografías, a primeira das cales será un traballo sobre "Prensa agrarista en Galicia" realizado por M. Calvo. A colección sobre música inaugurarase cunha edición facsímil de composicións do músico da Catedral de Ourense Pedroso, que se completará cun traballo do musicólogo Javier Gallo. Tamén se publicará unha biografía inédita de Curros Enríquez escrita a comezos do século XX por Fernández Xesta. Outras das coleccións previstas levará o título de "Os libros da raia" e tratará obras dedicadas a Ourense, a primeira das cales abordará a historia d o Cemiterio de San Francisco. Outras obras que Duen de Bux pretende publicar é un facsímil da obra de Muñoz de la Cueva sobre a Catedral de Ourense e dous títlos sobre iconografía. Ademais, existe o proxecto de editar unha revista anual sobre bibliografía con colaboracións internacionais.