Nace “Etno Folk”, a primeira revista dedicada á etnomusicoloxía galega

Música étnica no quiosco

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Desde Baiona, a empresa Dos Acordes S.L. acaba de lanzar “Etno-Folk. Revista de Etnomusicoloxía Galega”, unha publicación cuadrimestral que pretende achegar aos interesados por estas cuestións unha plataforma onde poidan publicar os seus traballos de investigación. Deste xeito, as cento cincuenta e seis páxinas do primeiro número inclúen artigos sobre O gaiteiro do Fragoselo, a relación da Institución Libre de Ensinanza coa música tradicional, o acordeón diatónico ou as viaxes de agrupacións tradicionais a Sudamérica antes da guerra. Cada número da nova publicación poderá adquirirse por doce euros e a subscrición anual custará trinta.

Máis información no correo de Dos Acordes

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Etnofolk 12

Quiosco: Etnofolk 12

A publicación presenta un monográfico a cargo da Universidade Nova de Lisboa

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Guerra, Sudamérica, Baiona

Claves

Conceptos