O Goberno central condiciona a implantación de redes de banda ancha á demanda mentres Galicia desenvolve o seu propio plan

Banda baixo demanda

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
O secretario de Estado de Telecomunicacións, Francisco Ros, anunciou que a instalación de redes de banda ancha estará condicionada á demanda social que teña este servizo en cada zona. Esta medida, segundo denunciou o Colexio Oficial e Enxeñeiros Técnicos de Galicia, prexudicaría o noso país xa que contamos cunha baixa implantación de Internet e non existe un tecido social abondo para favorecer a súa implantación. De calquera xeito, a Xunta anunciou o pasado mes de decembro un investimento de nove millóns de euros para levar esta tecnoloxía a todo o país nos vindeiros tres anos.

Máis información sobre os plans do Goberno Central en La Voz de Galicia; sobre a proposta da Xunta nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Central, Internet, Tecnoloxía, Culturagalega...