Os centros escolares terán un observatorio para evitar a violencia nas aulas

Violencia nos centros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os últimos sucesos acontecidos no ámbito escolar comezan a ter as primeiras reaccións. Os conselleiros de Educación do Partido Popular de todo o estado acordaron en Palma de Mallorca crear observatorios de convivencia para evitar que se repitan situacións violentas tanto entre alumnos, como entre alumnos e profesores. No caso concreto de Galicia, tal e como indicou Celso Currás a Europa Press, a Xunta prepara dúas liñas de actuación: unha que desenvolverán os centros escolares e será do seu ámbito de competencia, e outra xeral, que corresponderá á propia consellaría. Ademais, o titular de educación asegurou que o que se chamará “Plan de Mellora da Convivencia” será unha prioridade da súa carteira.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Partido Popular, La Voz de Galicia, Europa

Claves

Conceptos
Lugares