O Meco en Vigo e Santiago, o Momo en Ferrol, o Ravachol en Pontevedra.. sexas de onde sexas este fin de semana estarás de Entroido. Coa lectura dos pregóns (Mela Casal, Celso Bugallo, Gloria Ferreiro son algúns dos encargados) darase entrada na festa máis divertida do ano. Pero hai citas que non debemos perder. A primeira é o Encontro dos Xenerais, que terá unha parada en Vea e outra en A Estrada. O domingo é o dÃa dos cigarróns de VerÃn (o desfile comeza ás 12:00 horas) e dos peliqueiros de Laza (tamén ás 12: 00 horas), aÃnda que nesta última localidade o dÃa grande é o luns coa farrapada e coa baixada da morena. Co carnaval de Xinzo o martes (a partir das 17:00 horas) complétase o triángulo do Entroido máis tradicional.
Coñece as localidades da xolda no noso tema e máis información nesta web