A Fundación Granell celebra o seu aniversario cun congreso e cunha serie de exposicións

Década Granell

Este 2005 preséntase moi surrealista. O motivo principal é porque a Fundación que leva o nome do surrealista máis destacado do noso país, Eugenio Granell, cumpre dez anos. Para celebralo a directora da Fundación, Natalia Granell presentou onte en Compostela as actividades previstas. Polo primeiro, a Fundación acollerá durante todo o ano unha serie de mostras de arte surrealista que acollerá o máis representantivo do panorama internacional. En xuño, a Fundación ten previsto celebrar un congreso no que aborde a figura e a obra do artista santiagués. Ademais, a Fundación vén de encargarlle ao compositor Manuel Rodeiro un traballo sobre a faceta máis descoñecida de Granell, a musical.


Máis información en La Voz de Galicia e no web da Fundación Granell