A Coruña acollerá un encontro ao que asistirán todos os directores dos centros Cervantes

Cervantes na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
O director do Instituto Cervantes, o galego César Antonio Molina, estivo onte en Coruña para visitar as instalacións da Real Academia Galega. Unha visita que na que fixo dous anuncios: en primeiro lugar, que o instituto difundirá o galego en todas as súas sedes e que organizará unha semana de Galicia nalgunha capital en colaboración coa RAG; en segundo lugar, que en xuño, A Coruña será a sede dun encontro que reunirá a todos os directores dos centros do Cervantes. Unha xuntanza á que poderán asistir, segundo publican os xornais da Editorial Prensa Ibérica, Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957) e Antón Castro cuxos nomes soan con forza para os institutos que a entidade ten en Lisboa e Milán respectivamente, pero que gardan silencio ata que se oficialicen os seus nomeamentos.

Máis información en La Opinión

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Antón Castro, César Antonio Molina, Ramiro Fonte...