O último barco fabricado en Vigo sen remaches metálicos, o "Bernardo Alfageme" será despezado en breve ó non atoparse apoios ó proxecto de transfomalo nun aula de pesca. Mentres, os restos da muralla do século XVIII atopados na Maestranza (A Coruña) serán cubertos de novo pola terra logo de ser investigados e clasificados. Espécularase coa recuperación tanto do barco coma da muralla polo seu interese histórico e turÃstico, sen que eses proxecto teñan chegado a nada.
Fin do "Bernardo Alfageme"
En 1944 saÃa dos estaleiros vigueses o último buque construÃdo sen remaches metálicos, o pesqueiro "Bernardo Alfageme". Cando hai dous anos quedou fóra de circulación máis de corenta asociacións interesáronse na súa conservación. Onte, a concelleira de Patrimonio Histórico de Vigo, Carme MartÃnez, anunciaba que o "Bernardo Alfageme" terá que ir ó despece ó non contar con apoios suficientes o proxecto de restauración.
A intención do Concello era rehabilitar o buque e transformalo nun aula de pesca para escolares, proxecto que requerÃa dun investimento de trinta millóns de pesetas e de acadar un lugar no que fondear o "Bernaro Alfageme",
Segundo a concelleira, presentou o proxecto á Autoridade Portuaria, á Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras, á empresa Alfageme, a Asociación de Enxeñeiros Navais e o Colexio de Enxeñeiros Industriais, sen acadar respostas positivas.
O principal atranco para desenvolver o proxecto é a falta dun lugar no que fondear o buque. ö parecer a Autoridade Portuaria carece de espacio para o barco e a Zona Franca sinalou que non hai lugar para o pesqueiro no Museo do Mar.
O Concello sinalou que iniciará agora o trámites para que o buque pase á lista de embarcacións para o despece. O "Bernardo Alfageme" estaba ata o de agora amarrado provisionalmente no peirao dos Estaleiros Cardama, e durante os dous anos de xestións investÃronse nel cinco millóns de pesetas.
Terra sobre a muralla
A descuberta o pasado mes de xullo dos restos dunha muralla no antigo hipódromo coruñés da Maestranza deron pé nos últimos meses a todo tipo de proxectos sobre a súa rehabilitación.
A muralla, conservada en tramos de entre trinta e douscentos metros e con dous metros de altura nalgunhas seccións, foi datada polos arqueólogo como realizada en 1771. Sen embargo, os informes finais da Dirección Xeral de Patrimonio e do Concello sinalan que os restos non son máis que os cimentos dunha construcción que nunca se chegou a rematar.
Partindo desta premisa, Patrimonio decidiu permitir a continuación das obras do aparcadoiro e do paseo previstos na zona coa condición de que a muralla quede conservada baixo terra cuberta cunha lona. De calquera xeito, haberá que tirar parte do conxunto para construira a saÃda do aparcadoiro subterráneo.
Nos últimos meses diferentes institucións e colectivos especularan coa posibilidade de deixar á vista os restos da muralla, con reconstruÃla ou mesmo con construÃr un museo na zona. AÃnda o pasado vintecinco de Novembro publicábase que Patrimonio pretendÃa desmontar e trasladar o conxunto pedra a pedra. Finalmente, o sleu destino será continuar baixo chan, logo de ser catalogada e investigada polo miúdo por un equipo de arqueólogos.