Non, non é o título dun capítulo de programa electoral. Son edificios inspirados nos rañaceos de Nova York, discusións sobre o dadaísmo e o futurismo, o deseño de Galicia como cidade-xardín, a recuperación da identidade e o nacemento dunha sociedade burguesa e industrial. Entre 1916 e 1936 a sociedade galega comezou un proceso de modernización sen precedentes na nosa historia. Unha exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea repasa esta intensa etapa.
Ata o 20 de marzo, o CGAC acolle unha ampla exposición sobre unha das etapas máis fecundas de Galicia, o período que discorre entre 1916 e 1936. As datas non son nada casuais. En 1916, un grupo de intelectuais fundaron na Coruña as Irmandades da Fala: unha asociación de defensa da lingua galega que se estendeu rapidamente por todo o país inaugurando agrupacións locais en defensa do idioma e da cultura. Ese nacionalismo da modernidade, que supuxo o abandono definitivo do rexionalismo decimonónico do rexurdimento abrangueu a todas as disciplinas artísticas, desde a arte ata o cinema, sentando as bases dunha esperanza de renovación que truncou o estoupido da Guerra Civil en 1936.
Foron só vinte anos, os máis frutíferos da Galicia nos que nomes como Manuel Colmeiro, Vicente Risco Manuel Antonio, Laxeiro, Maruja Mallo, Ramón Cabanillas..., conseguiron situarnos de cheo na modernidade. Foi un momento de explosión sociocultural que se retomou nos anos sesenta e setenta, que afectou a diferentes ámbitos e que veu motivada por unha mellora nas condicións socioeconómicas. Coa transición cara ao réxime liberal, que derivou nun maior protagonismo político e administrativo das provincias e coa introdución dunha economía monetaria e financeira xerouse un cambio social. A incipiente industrialización, a inmigración de casteláns e maragatos que instalaron un novo tipo de comercio, o regreso dos indianos con fortunas que aboaron o terreo para que se sementase unha época de progreso cultural.
Da literatura á pintura
A bonanza económica e un clima xeral de entusiasmo determinou o despegue dunha industria editora, de publicacións que fusionaron as artes plásticas coa literatura e que deron acubillo a unha morea de escritores novos que compartían a ilusión común da identidade, da adhesión común ao nacionalismo. As revistas Alborada, Alfar, Luz, Ronsel, Galiza, A Fouce, A Centuria ou Cristal; as editoras Lar e Nós... son só algúns indicadores do bo momento que abrangueu a este período.
Desde Castelao ata Otero Pedrayo ninguén quixo desaproveitar a ocasión de facer énfase na súa identidade e incorporalo ás producións do momento. Foi o momento da Xeración Nós, das Irmandades da Fala e de todo o seu rexurdir que se concretou en publicacións, cartas entre eles e artigos publicados na prensa da época. Un período da literatura que a exposición recupera coa “Teoría do nacionalismo galego” de Vicente Risco ou “Mitteleuropa” de Valle Inclán. A mostra recolle tamén as estampas do álbum Nós que amosa unha brecha coa tradicional e tópica representación rexionalista abríndose ás novas formas expresivas da vangarda. Foi o momento de Carlos Maside, de Colmeiro, de Maruja Mallo, de “Laxeiro” , de Seoane, entre moitos outros que non só renovaron a plástica senón que a situaron ao nivel doutras nacionalidades.
A fotografía e o cinema
A cultura da imaxe tivo durante estes vinte anos un desenvolvemento maior do que no resto do século. En sintonía coas vangardas de fotógrafos como José Suárez ou José María Massó (co seu importante arquivo que plasmou a historia da cidade de Vigo) e de cineastas como Carlos Velo, debedor de Einsenstein no seu documental “A cidade e o campo”, os galegos compartiron as actividades que se estaba a dar noutras cinematografías do mundo. De feito, desde a “Escola Documentalista Ourensá”, os seus artífices estiveron abertos ás vangardas cinematográficas atendendo sobre todo a criterios estéticos e narrativos, ao mesmo tempo que respondía a toda unha ideoloxía sobre o momento que lles tocou vivir, é dicir, no mesmo sentido que a cultura cinematográfica europea do momento. “Galicia”, “Almadrabas” e “O home e o carro” son as producións que desde o CGAC recuperaron para ilustrar esta sección da mostra.
Do teatro nacional ao urbanismo
Foi tamén un bo período para o teatro que acolleu na “Escola Rexional de Declamación” e os primeiros “Coros Populares” o primeiro centro de formación actoral do país. Unha escola que impulsaría o posterior “Conservatorio Nacional de Arte Galega”, así como outras agrupacións que supuxeron o xermolo dun teatro nacional galego.
E isto sen esquecer o cambio urbanístico. Foi o momento no que os edificios de Vigo ou o Banco Pastor da Coruña quixeron emular aos rañaceos americanos e unha ola de racionalismo urbanizou as cidades. Un feito que suscitou o debate sobre o modelo arquitectónico que debería imperar. Foi a discusión entre os que optaron por unha “democracia agraria” baseada en pequenas cidades e os que defendían que en Galicia se precisaba un grande núcleo. Iso si, ambos soñaban cunha Galicia interconectada a través dun moderno ferrocarril e unha sofisticada rede de estradas.
Todo un esplendor que parou en 1936 co inicio da Guerra Civil e que supuxo un cambio de signo todo este avance progresista. Un feito negativo que abriu unha paréntese que durou máis de vinte anos e que afectou xa non só á situación sociocultural galega senón a cada un dos seus artífices.