Caixanova amplía a súa colección de arte mentres se presenta o terceiro catálogo "ARTVG"

Ampliacións artísticas

28/1/2005 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Arte
3 lecturas | Compartido 0 veces
O Centro Social Caixanova de Vigo acolle desde onte unha mostra na que se poden ver, entre outras, as últimas adquisicións para a colección de arte desta entidade. Os 600.000 euros anuais que a caixa dedica á compra de novas obras permitiu este ano ampliar os fondos con sesenta e dúas pezas entre as que se pode ver o “Cristo Obreiro” de Seoane ou un cadro de Eugenio Granell. Mentres, a CRTVG e a Consellaría de Cultura acaban de publicar o terceiro catálogo "ARTVG", que recolle as obras que se poden ver nas instalacións da compañía e a través da súa páxina web.

Máis información sobre a colección de Caixanova en La Voz de Galicia e en Faro de Vigo; sobre ARTVG en El Correo Gallego e noweb da CRTVG

Universo culturagalega.gal

Contextos