Logo da súa inauguración oficial o pasado dÃa nove de novembro, o museo arqueolóxico de Cambre iniciou a súa actividade expoñendo a reconstrucción do xacemento romano atopado na vila. Mentres, desde o Instituto de Ensino Secundario Lama das Quendas de Chantada reclama a creación dun museo etnográfico que albergue de xeito permanente o material recollido polo centro para unha mostra.
Cambre romano
Logo de dous anos de traballo e de sucesivos retrasos pola complexidade da obra, o pasado mes de novembro púxose en marcha o Museo Arqueolóxico de Cambre, primera infraestructura integrada na Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico promovida desde a Xunta.
A orixe deste museo está no achado de restos romanos cando se iniciaba a construcción dun edificio de vivendas en pleno centro da vila. Estes restos comprendÃan as construccións dun "balneum" ou zona de baños, que abranguen unhas letrinas e unha piscina cuberta. A importancia deste conxunto vese salientada pola existencia de pinturas murais que cubren as paredes e o teito da piscina con motivos mariños. Ata o de agora existÃan moi poucas mostras deste tipo de pintura no paÃs e é o primeiro conxunto destas caracterÃsticas que se atopa no rural galego.
A dificultade para a exposición pública do xacemento fixo que desde o Concello e a Xunta se optase por trasladar os restos a unha nova ubicación, diante a igrexa da vila, na que se construÃu un centro de recepción de Visitantes. O traslado dos restos correu por conta da Dirección Xeral de Patrimonio, mentres que na construcción do centro colaborou a promotora inmobiliaria que realizaba as obras nas que apareceu o xacemento.
O centro acolle actualmente, ademais dos restos atopados, ilustracións e unha pequena maqueta que amosan o aspecto orixinal das construccións, asà como unha oficina de información turÃstica sobre o concello.
Na busca do museo futuro
Os profesores do Instituto de Educación Secundaria Lama das Quendas de Chantada veñen de solicitar ó Concello a creación dun museo etnográfico na zona. A idea xurdiu da exposición temporal que este instituto organizou como complemento ó recente congreso de profesores de ciencias. Os organizadores deste evento recolleron por diferentes casas da zona diferentes antigüidades e obxectos de uso cotián na sociedade tradicional, acadando reunir máis de duascentas pezas. Entre elas, atópanse varias que teñen sido clasificadas como únicas e polas que xa amosaron o seu interese varios coleccionistas e estudiosos da sociedade tradicional. AsÃ, na mostra puido verse un proxector de fotografÃas do século pasado, chocolateiras, candÃs, balanzas de diferentes tipos ou garrafóns, ademais de unha alquitara ou pelellos para viño, que son pezas moi raras de atopar.
Logo de pechar a mostra e á hora de tentar voltar os obxectos ós seus donos, os directivos do instituto atopáronse con que moitos deles estaban dispostos a cedelos para realizar unha exposición permanente á vista do éxito acadado pola mostra. AsÃ, os profesores do centro reclaman ó Concello de Chantada de habilite un recinto para constituir un museo etnográfico na zona.