O barrio ferrolán de Recimil foi un exemplo da política de vivenda franquista. As mil vivendas levantaron no seu momento un exemplo urbanístico e social que hoxe precisa un cambio. Neste punto coinciden todos: o barrio precisa mudar o seu estado de deterioro. As diferenzas veñen na forma de facelo. Para a alcaldía (Partido Popular máis Independentes por Ferrol) pretende o seu derrubamento para levantar case o dobre de vivendas. Os vecinos e a oposición (BNG, PSOE e EU) prefiren rehabilitalo e manter a estructura dun conxunto que foi declarado Patrimonio Histórico. A polémica está servida.
O pasado 12 de xaneiro, Ferrol celebrou un pleno extraordinario cunha orde do día na que figuraba un único punto: aprobar unha solicitude para que a Consellaría de Cultura, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico, descatalogue o barrio de Recimil como conxunto histórico artístico. Este sería o primeiro paso para executar o plano urbanístico do actual concello e que consiste no derrubamento das vivendas para levantar un novo barrio. Nunha nota de prensa, o Concello xustificaba a súa decisión no seu degradado estado, no seu escaso valor urbanístico e nos problemas existentes. Hai veciños que están a favor desta proposta, pero segundo Amadeo Fernández, voceiro da Asociación San Fernando para a recuperación do Patrimonio Histórico, a maior parte está en contra, pero non son os únicos. A oposición manifestase en contra do que considera unha operación urbanística, que non respecta o patrimonio nin a situación social ferrolá. Xaime Bello, ex-alcalde ferrolán e militante do BNG, resume todas as críticas da oposición dicindo o concello o que pretende é unha grande operación urbanística sen ter en conta o patrimonio nin a situación social.
Empezando polo principio
O barrio de Recimil é un barrio de pouco máis de mil vivendas que inclúe equipamentos como o mercado, un grupo escolar e unha igrexa. É unha obra fundamental de arquitectura racionalista proxectada e executada en pleno franquismo. Foi, daquelas unha das iniciativas pioneiras acometidas polo concello dentro dunha actuación en materia social. O barrio de Recimil, popularizado como as casas baratas foi un modelo social que serviu de precedente das actuais vivendas protexidas que se promoven dentro dos programas de vivenda social.
As casas baratas son de titularidade municipal e polo tanto propiedade do concello, un feito que condiciona boa parte da situación actual da polémica. Por outra banda, pola súa calidade urbanística e morfolóxica o barrio está incluido como un conxunto de vivendas a protexer. É máis, figura como conxunto de interese arquitectónico dentro do inventario do Patrimonio Cultural da provincia da Coruña; como conxunto histórico artístico pola Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e ademais está catalogado polo Plano Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ferrol. O urbanismo de Recimil é exemplar pola súa traza, deseñada para evitar a propagación de enfermidades contaxiosas, pola distancia entre os edificios, polos enlaces entre os bloques mediante túneles... entre outras xustificacións que valoran os expertos.
En canto á demografía, segundo o padrón municipal do ano 2000 que inclúe un estudo encargado polo Concello no 2001 (no que gobernaban en coalición BNG e PSOE), recolle que no barrio de Recimil están empadronadas 2.676 personas, que supón unha media de dúas persoas por vivenda.
A favor do derrubo
Segundo unha nota de prensa que divulgou o Concello de Ferrol, as razóns para o seu degradado estado, o seu escaso valor urbanístico e os problemas existentes. E para respaldar a súa argumentación presentaron un informe no que se destaca a mala calidade dos materiais da construcción e a falta de mantemento axeitado que se traduce nun proceso irreversible de deterioración, que unha rehabilitación non podería emendar. En función do informe pericial encargado, o concello conclúe que unha mala calidade urbanística e carece de representatividade histórica polo que dediu a súa descatalogación por parte de Patrimonio.
En contra
Un paseo polo barrio de Recimil evidencia algunhas das deficiencias da zona. Amadeo Varela, voceiro da Asociación San Fernando de Conservación do Patrimonio (unha das dúas que hai no barrio) e veciño da zona pregunta ¿Que vivenda non precisa recuperación en sesenta anos? Hai problemas nas baixantes, nos tellados, nas fachadas, pero nunca problemas estructurais e é moi fácil demostralo. Os inquilinos das vivendas viven en réxime de algueiro pero explica Amadeo que o problema se complica un pouco máis porque non todo o mundo é inquilino titular (estatus do que gozan unhas trescentas personas). Hai outros dous tipos, por unha banda están os "ilegais" que son os que segundo el entraron cunha patada na porta e logo hai outros irregulares que son os que levan vivindo no barrio moitos anos e que o concello aínda non regularizou. O gabinete de prensa do Concello ferrolá ratifica esta situación e explica que desde a Concellalía de Facenda se está a facer un censo real dos vecinos nos que se establecerán os dereitos reais que teñen os veciños.
A catalogación do edificio como patrimonio histórico foi feita polo anterior goberno. Xaime Bello establece que desde o BNG pensamos que supón renunciar a unha parte do patrimonio da cidade, pero vai máis alá ao afirmar que perante o patrimonio herdado hai unha serie de recomendación e compromisos internacionais que deben rexer as políticas encamiñadas a adaptar os conxuntos históricos e que o actual goberno non respeta. Cando nos atopamos cun patrimonio herdado debemos actuar á conservación e a readaptación. A intención especulativa que ofrece o actual goberno vulnera outro mandato que di que hai que levar adiante as políticas de vivenda social. E despois, hai que conservar os elementos que determinan a forma e o aspecto deste barrio que forma parte do noso patrimonio. Son algunhas das xustificacións polas que o BNG votou en contra no pleno do pasado día doce, como tamén o fixeron o PsdeG e Esquerda Unida. En total, 12 votos en contra contra os trece a favor. Pero o BNG non quedou aí, xa que remitiu á Dirección Xeral de Patrimonio unha serie de documentación na que optaban pola rehabilitación do barrio. Unha opción que defenderon durante o seu mandato e que pasaba pola declaración da zona como unha Área de Rehabilitación Integrada (ARI), semellante ao que desenvolveron nos barrios de Ferrol Vello e da Magdalena. Entre a documentación enviada figuraba un informe elaborado polo concello durante o 2001 e no que cuantificaba en 21 millóns de euros, hoxe Bello pensa que podería ascender a 22 millóns, a rehabilitación do barrio.
Unha solución que tamén daban por boa os inquilinos titulares que ameazan con acudir aos tribunais no caso de que a Xunta descatalogue o barrio. A polémica pode ir para longo.