A empresa propietaria do mosteiro de Oia pide a axuda a oito alcaldes para apoiar o seu proxecto

A outra vida dos mosteiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Hai uns días informabamos de que a empresa Vasco Gallega, propietaria do mosteiro de Oia, ía converter o cenobio nun centro de talasoterapia e residencia da terceira idade. O proxecto sigue adiante, pero a empresa cre que os oito alcaldes das comarcas de Val Miñor e Baixo Miño deben implicarse no proxecto. Por iso, convócaos a unha xuntanza que terá lugar o día vinte. Máis lonxe, en Betanzos, o concello acaba de acordar nunha xunta de goberno ofrecer á Xunta o mosteiro de Donas para rehabilitalo. E segundo publica "La Opinión" a Xunta está interesada en convertelo nun albergue con salas multiusos, nas que se poderían celebrar congresos, exposicións ou cursiños.

Máis información sobre o Mosteiro de Oia no Faro de Vigo e na nosa hemeroteca e sobre o mosteiro de Donas en La Opinión

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oia, La Opinión, Exposicións, Faro de Vigo...