Das novas sobre o mundo da fantasía e a ciencia ficción que cada semana trae Fran Morell a “Os 7 fantásticos” destaca aquela que pon a Stephen King nunha incómoda situación por unha acusación de plaxio saída de entre os muros dun cárcere. Elvira Riveiro reflexiona poéticamente sobre o acto creativo cun dos poemas visuais que van formando o seu “Inventario Indócil” de imaxes suxerintes e intelixentes. Revisa a nosa sección de Pasatempos, seguro que atopas algún que aínda non fixeches e que pode proporcionarte un tempo de lecer entretido.
