Consolidados xa coma unha das máis importantes citas literarias de Ourense, estes encontros organizados pola Universidade, a Deputación de Ourense e o Liceo convocan a un grupo de escritores de calidade recoñecida para participar nas conferencias e coloquios. Se o ano pasado o eixe central dos encontros foi a visión da literatura desde unha óptica feminina, este ano, aproveitando o aniversario da obra de Cunqueiro “MerlÃn e familia”, o tema será a fantasÃa. Susana Fortes inaugurará este venres 14 os encontros coa conferencia “El aire de una novela”. O martes 18 será o quenda de Julio Llamazares coa conferencia-coloquio “FantasÃa ou realidade”, e Xosé Carlos Caneiro finalizará esta edición o venres 20 con “A rutina de SÃsifo”(Ou porqué a literatura ten prohibido subir a montaña).
Máis información no Duvi