O Ateneo de Ourense loita contra a orde que o obriga a desaloxar a súa sede no histórico edición A Torre

Desaloxo cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Sociedade Cultural Ateneo de Ourense está a mobilizar a sociedade local para defender o seu dereito a quedar nos locais que ocupa no edificio A Torre desde a súa construción en 1972. O actual propietario do predio dispón dunha orde de desaloxo logo de non ter chegado a un acordo coa Consellaría de Cultura para prorrogar o contrato de alugueiro destes espazos. Os seiscentos socios do Ateneo decidiron nunha asemblea esta fin de semana oporse ao desaloxo co argumento de que no propio permiso de construción do edificio se contempla que parte do mesmo terá que ir destinado a usos sociais e chaman aos ourensáns a defender a entidade.

Máis información en Faro de Vigo sobre a orde de desaloxo; a negativa do Ateneo; novo prazo para o desaloxo

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Torre, Google, Faro de Vigo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares