Hai uns anos os veciños de Sedes (Ferrol) decidiron que xa era hora de comezar a valorar o seu patrimonio. Por ese motivo, decidiron constituir unha asociación cultural como fórmula de canalización de todas as súas actividades. Foi asà como naceu a Asociación Cultural "Rosa dos Ventos" que leva anos traballando para dar a coñecer o seu patrimonio. E para todo isto, organiza cada ano un Oenach (unha asemblea de homes libres que aconsellaba ó Rei -Ri- na xerarquÃa Orlanthi), a Noite do Castro e a recuperación da tradicional "RomarÃa dos Fachos". Uns eventos que terán lugar a semana que ven.
Unha semana chea de actos
A semana que entra será a semana máis importante do ano para a Asociación Cultural Rosa dos Ventos. Serán sete dÃas nos que se concentran a maior parte dos actos cos que pretenden recuperar boa parte do valor do seu patrimonio. A semana que vén celebrarase o Oenach (que non é máis que unha recreación daquelas asembleas que realizaban os homes libres da sociedade xerarquizada Orlanthis para aconsellar ó Rei, que normalemente se denominaba Ri), e a noite do Castro. Unhas celebracións a través das que pretenden recuperar e representar as funcións dos seus antepasados, desde ós artesáns da orfebrerÃa, a conservación do peixe, a fablicación de telares... unha recuperación dos vellos oficios tradicionais para que, segundo fontes da organización, non lles sean alleas ás novas xeneracións que, pola súa idade, non coñeceron estas formas artesanais de produccción.
De momento, as principais metas que se marcan todos os membros da asociación é a de que cada vez participe máis xente nestas festas que pretenden que "os veciños coñezan o seu extraordinario patrimonio e aprendan a querelo e respectalo ata o punto de sentirse orgullosos del".
Valor patrimonial
Existen abondosos exemplos patrimoniais históricos nos que a Asociación Cultural Rosa dos Ventos se ampara para defender esta revalorización da súa cultura. Entre estes iconos destaca o principal cemiterio prehistórico da comarca, no coñecido como "Monte dos Nenos", nos que se conservan en bo estado varias mámoas, ademais do Castro de Eiravedra e o da Revolta. Un patrimonio catalogado por historiadores, estudiosos e arqueólogos e que tamén está dentro da Rede Arqueolóxica aprobada pola ConsellerÃa de Cultura da Xunta este verán.