Case un millón e medio de euros servirán para favorecer o emprego do galego en empresas e asociacións

Unha axudiña para a lingua

A Consellaría de Educación acaba de convocar os subsidios para que empresas e asociacións sen ánimo de lucro participen na difusión o noso idioma. Para o 2005 son 755.000 euros destinados a asociacións sen ánimo de lucro e outros 680.000 para empresas. Entre as actividades que se contemplan están desde a edición de revistas e material multimedia na nosa lingua ata a creación de gabinetes lingüísticos nas empresas.

Máis información en El Correo Gallego; podes consultar a convocatoria do DOG en formato PDF en Vieiros