Fraga ofrécese a mudar a Lei de Normalización para aceptar “La Coruña” se o PSOE o apoia

Órdago lingüístico

30/12/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Confirmando as declaracións que facía esta mesma semana no Parlamento o conselleiro de Presidencia, Xaime Pita, Manuel Fraga anunciaba onte que está disposto a modificar a Lei de Normalización Lingüística. O presidente da Xunta asegurou que hai xa redactado un borrador desta reforma que oficializaría o topónimo castelán para A Coruña. Ademais, sinalou que a proposta xa foi adiantada aos partidos da oposición e que o BNG anunciou o seu rexeitamento da reforma mentres o PSdeG-PSOE preferiu adiala para logo das eleccións. O secretario xeral deste partido, Emilo Pérez Touriño, acusou a Fraga de estar a empregar a lingua coma “arma de arrebolar” con fins electorais mentres Francisco Rodríguez, do BNG, tachou de “perversidade”a proposta.

Máis información sobre en La Voz de Galicia e en Vieiros e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con PSOE, A Coruña, Vieiros, BNG...