Mondoñedo e Ferrol celebrarán no 2005 os cincuenta anos do “Merlín e Familia” mentres Galaxia prepara unha reedición de luxo

Ano Cunqueiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O ano 2005 ten todas a trazas de se converter no auténtico Ano Cunqueiro. Mentres Mondoñedo e Ferrol preparan os actos cos que homenaxear o escritor mindoniense cando se fan cincuenta anos da publicación de “Merlín e Familia”, Galaxia non se queda atrás e anuncia unha reedición de luxo desta obra entre outras actividades. Os dous concellos do Norte preparan, en colaboración coa Fundación Casares, un congreso dedicado a esta obra, mentres na editora está a se organizar unha exposición que os seus responsables queren levar por toda Galicia.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondoñedo, La Voz de Galicia, Fundación Casares, Editorial Galaxia