O IV Congresode Escritores Galegos chegou onte ó seu fin lamentando a situación actual das letras galegas reclamando unha maior implicación da sociedade coa literatura do país. A Asociación de Escritores en Lingua Galega aproveitou a ocasión para presentar o informe que lle enviarán a Academia Sueca postulando a candidatura de Ferrín ó premio Nobel. Tamén onte rematou o XI Congreso Galego de Expresión e Arte, no que se analizaron as últimas tendencias en expresión oral e danza.
Os escritores reclaman
O IV Congreso de Escritores Galegos pechouse onte cun lamento ante a situación actual da nosa literatura e reclamando unha maior implicación da sociedade coas nosas letras. Nas diferentes mesas redondas que se celebraron desde o pasado venres, autores coma Xosé María Álvarez Cáccamo criticaron a escasa presencia da nosa literatura nos medios do país. A integración da sociedade e literatura tamén debería darse no sentido contrario segundo María Xosé Queizán, que sinalou que "Galicia necesita unha literatura baseada na súa ralidade social, que se poña ó servicio do cambio do país, do progreso e da modernidade". Xavier Alcalá reivindicou pola súa banda, a necesdiade de que sexan autores galegos os que vertan na literatura a historia do país, e lembrou que hai períodos históricos moi pouco tratados polos nosos autores. Alcalá sinalou que existe a necesidade de abrir un diálogo entre os autores en galego e os responsables institucionais e os empresarios da comunicación "para facerlles entender que a literatura en galego é un sector económico e social estratéxico".
Con ocasión da presentacións deste congreso, os representantes da Asociación de Escritores en Lingua Galega sinalaron que veñen de remitir á Academia Sueca un informe apoiando a candidatura de Méndez Ferrín ó Premio Nobel de Literatura.
Expresión e danza
O domingo foi día de peche para o XI Congreso de Expresión e Arte logo de tres xornadas de espectáculos e de obradoiros. Este congreso, organizado polo Instituto de Expresión e Arte (ILEA), dependente da Deputación de Lugo, analizou a calidade no medio ambiente, o ensaio e a arte. Entre as súas actividades, o congreso incluiu a mostra "Os milagres do Apóstolo Santiago" de Antonio García Patiño e unha homenaxe á profesora de expresión Carmen Aymerich, unha das fundadoras do ILEA.
Durante a fin de semana sucedéronse obradoiros coma "Saber escoitar", no que se tentaba desenvolver a escoita activa ou actuacións de danza coma as realizadas polo ballet de Carmen Mejuto.