Santiago, 17:15 horas. Prendo o meu portátil para iniciarme no mundo do blog. Son nova pero non novata na miña navegación e co censo de Orballo (un blogueiro) nos meus favoritos, comezo a abrir fiestras a esgalla. Percátome de que cada dÃa que pasa os usuarios exploran nas novas posibilidades dos blogs como soporte para a creación artÃstica, como ferramenta educativa ou como taboleiro para a convocatoria de eventos. Pasen e vexan.
18:25 horas. Veño de ver as fotografÃas de varios castros, de ler a crÃtica musical do Instituto de Secundaria de Silleda, as imaxes de VilagarcÃa de XaquÃn Rosales e do software en galego de Martinho. Son algúns dos blogs en sentido estricto. Diarios persoais, cadernos de bitácora que comentan o seu dÃa a dÃa pero mantendo, na maiorÃa dos casos, o anonimato de quen o escribe. De blog en blog vou fiando bites por este fenómeno que tivo no último ano un crecemento espectacular e, de paso, escribo algún comentario, mando algún correo electrónico para que os blogueiros formen parte desta reportaxe.
Mentres poño blog nos buscadores aparéceme unha nova que di que non fago unha busca nada orixinal, xa que “blog” foi unha das dez palabras máis buscadas nos EEUU. Son o fenómeno social do ano que ten revolucionado desde a bolsa até as fórmulas xornalÃsticas pasando polas formas de comunicación interpersoal.
Momento blog
Orballo deixa un post no que comunica que a comunidade do blogomillo (termo acuñado por MarÃa Yáñez e ben aceptado entre os blogueiros) cuantifica a dÃa 4 de decembro “270 enderezos, todos eles pertencentes a bitácoras escritas en galego (algunhas bilingües)”. Un número bastante abondoso de blogs con desigual actualización. Continúo navegando por entre a listaxe dos activos (149) e os parados (90), e busco entre os finados (21) algún que recorde de ter visto algunha vez.
Son as 19:35 fago unha pausa e mentres miro de esguello o meu computador lembro cando hai dous anos e medio Anxos Sumai presentaba na rede os seus “Anxos de garda”. Era máis ben un diario semanal, pero abriu a porta para que esta forma de narrar, que algúns vaticinan como un novo xénero xornalÃstico, entrase nos medios. Foi a partir de aà cando primeiro Fran Pérez e ultimamente Yolanda Castaño levasen os blogs aos xornais impresos. Decido darme unha volta polos veteranos, por Orballo e remato en Todo nada, o blog con maior audiencia e proxección para saber da viaxe de MarÃa Yáñez a Londres. Chequeo o correo electrónico para ver se alguén contestou ás miñas preguntas pero a miña bandexa non ten nada máis que spam e convocatorias para roldas de prensa.
Art-blog
20:10. Será deformación profesional pero levo tantos blogs na miña retina que case me atrevo a falar dos blogs culturais, sitios que empregan a rede como soporte de creación. Vou de click en click vendo o proceso de creación do proxecto “Eu museo” que achega un museo Ego a o Marco de Vigo, ollo para as fotografÃas de Fotolog mentres busco a súa estratexia de publicación das imaxes e escoito as propostas musicais de Chiu Longina. Ademais dos blogs musicais, dos blogs fotográficos, a literatura atopa nesta forma un bo caldo de cultivo. Home Gris, Setesoles, VelaquÃ... son algúns dos blogs literarios que comparten espazo cos dos escritores que fan do seu nome unha seña de identidade e contan o seu dÃa a dÃa. Mentres fago un repaso entre eles paro para ler os post que Fran Alonso deixou sobre LuÃsa Castro.
Os blog artÃsticos son na maiorÃa das veces individuais, onde cada post é unha obra en si mesma e fan que a rede se converta nun museo aberto de sol a sol. Son as 21:25 horas, vou cear algo mentres abro catro novas bitácoras que inauguran unha nova categorÃa.
Blogs comunitarios
Con KK, Freak, as Redes Escarlata e Saudade de ti atopamos colectivos que empregan a rede como unha ferramenta para organizar eventos. Unha especie de taboleiro colectivo no que se van deixando notas con avisos e comentarios. Quédome coa convocatoria para hoxe de Saudade de ti dunha homenaxe a Andrés Dobarro (Do Barro como din eles) en Ferrol para lembrar ao músico que levou unha canción en galego ao número un. E mentras tarareo “o tren que me leva polo meu camiño”, descubro que Setesoles deixa un post que é para min: “Meu benquerido amigo, coma comprenderás non vou respostar a túa proposta. Gosto mais da idea de manter este blog un pouquichinho privado todavia (dentro do que cabe). de todos modos, coma ves, está aberto aos teus comentarios, que de seguro contestarei gostoso”.
Son as 11:35. Sigo navegando polas Redes Escarlata e vexo o seu post sobre o debate do pasado 11 de decembro en LalÃn. Deixo as redes para ver Galicia en Xogo, outra comunidade de diarios interactivos personais cuxa temática é o deporte. Mentres tento saber das últimas novidades do Breogán, do Celta de Vigo ou do Deportivo collo pasaporte para pasar pola aduana.
Aduaneiros sen fronteiras (humor gráfico retranqueiro) é un pouco un caixón de xastre. Hai algo de fotoblog, de bitácora convencional párome a ver “Obra social”, o novo espazo de para, segundo reza no web “para promover projectos que aprofundem no conhecimento do universo galego e impulsar a descolonizaçom mental por meio de diversas actividades de carácter social e aberto”. Esta bitácora comezou hai sete meses como un proxecto de análise da realidade galega baseado no visual e as súas alteracións afondando en conceptos como retranca, anti-colonialismo, a lingua. Como eles mesmos din “ao longo deste periodo o projecto redefiniu-se tantas vezes como obras e comentários foram publicados”. E isto danos pé a falar de que todas estas bitácoras son procesos vivos que unha vez que nacen se van adaptando ao medio, teñen os seus obxectivos tanto persoais como artÃsticos, pero que ao longo deste tempo foron madurando e mudando en función do seu contorno e das súas expectativas. De aà os seus ritmos de actualización diferentes e mesmo o cansanzo dos seus creadores que deixan post anunciando que o van deixar en breve. Pecho o ordenador coa confianza de que non perdan os folgos e continúen metendo pots dÃa a dÃa.