As xornadas "A arquitectura desde Madrid" non puideron ter un comezo máis triste. O arquitecto galego Rafael Baltar, e membro da sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega, encargado de organizar o encontro, faleceu esta noite. O presidente da institución, Alfonso Zulueta de Haz e o direitor xeral de Urbanismo, Martín Fernández, inauguraron as xornadas facendo un perfil profesional el humano de Rafael Baltar. Logo Simón Marchán expuso as liñas xerais do fenómeno arquitectónico madrileño que deu paso a Javier Soto e Álvaro Maroto que analizaron as súas obras e proxectos. Polo demais, o CCG celebra hoxe pola tarde o seu plenario anual ao que asistirá o seu presidente de honra, Manuel Fraga.
Máis información no web do Consello da Cultura Galega