O Concello busca probas de que o fútbol penetrou en España por Vilagarcía

E desembarca no campo o equipo visitante...

O Concello de Vilagarcía vense de sumar ás autoridades comerciais e portuarias da vila na reivindicación desta cidade como primeiro lugar do Estado Español no que se xogou un partido de fútbol. Esta vella polémica enfronta desde hai anos a vila galega coa cidade andaluza de Huelva, onde se formou o primeiro equipo de fútbol en 1889. A falta de probas documentais dificultou ata o de hoxe o recoñecemento de Vilagarcía como porto de penetración deste deporte no Estado.

Vilagarcía vs. Huelva





A primeira referencia formal sobre un partido de fútbol celebrado en Vilagarcía remóntase ó vinteses de xuño de 1873. Nesta data, segundo reflectiu o a revista compostelá "El Eco Republicano", recóllese a noticia de que marineros ingleses do buque "Go-go", atracado na vila arousá, xogaron un partido de balompé entre eles.
Ata o de agora situábase a orixe do fútbol español en Huelva, onde en 1889 os ingleses que traballaban nas minas de Río Tinto crearon o equipo "Recreation".
O deporte naceu en 1863 en Gran Bretaña e popularizárase de abondo entre a poboación, sendo habitual que os mariñeiros ingleses o levasen alí onde fosen.








Na busca do fútbol perdido





Este artigo non é considerado unha proba suficiente pola Federación Española de Fútbol para aceptar que o fútbol entrou no Estado por Galicia, de xeito que o Concello de Vilagarcía vén de porse en marcha, en colaboración coas institucións portuarias e comerciais da vila para buscar máis probas que avalen esta tese.
Así, o primeiro paso que se quere dar é buscar un certificado da empresa armadora do buque "Go-Go" que confirme que este buque recalou no porto arousán e xuño de 1873 e darlle así máis forza ó artigo aparecido en "El Eco Republicano".
Segundo sinala o historiador do fútbol Bernardo Salazar, é moi difícil establecer con exactitude onde se celebrou o primeiro partido de fútbol no Estado Español, xa que é moi posible que non quedase rexistro escrito do encontro.