Hai unha trintena de concellos que non teñen ningunha área de xogo para os nenos e os preto de 2.500 parques contabilizados non son tan seguros como marca a lei. Son os datos dun informe elaborado pola Consellaría de Familia, no que destaca que a maioría dos parque incumpren requisitos de alonxamento das estradas ou no revestimento das zonas de caída. Para todo isto, a conselleira, Pilar Rojo, propuxo unha batería de medidas entre as que destaca a realización de investigacións periódicas por parte dos concello e anunciou a sinatura duns 114 convenios para renovar o material.
Máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego
