Pontevedra exhibe os proxectos que se levaron a cabo e os que non no S. XX

A voltas coa historia

¿Que sería de Pontevedra se...? Esta pode ser a pregunta que se fagan moitos visitantes á mostra "Lembrando cos avós" que recolle os proxectos arquitectónicos relacionados coa cidade do Lérez. Os que se levaron a cabo e os que non, que son os que determinaron a imaxe de Pontevedra tal e como é hoxe. Pero non é a única mostra que se leva a cabo estes días, xa que Culleredo acolle unha exposición doada polo concello de Porto do Son sobre o Castro de Baroña. E por último imos ata o Museo Histórico de Sargadelos que expón unha mostra de miniaturas con escenas tradicionais. Son diferentes mostras da historia.

Proxectos que valen e os que non




Todos aqueles proxectos que tiveron como referencia un aspecto de Pontevedra e os que non, forman parte da mostra que se exhibe estes días no Teatro Principal da cidade do Lérez. Entre eles destacan o proxecto de edificio para cinematógrafo na rúa García Camba de Antonio López Hernández (1931) que logo foi o posterior cine Coliseum; ou a reforma da Praza de Touros ideada por Argenti en 1923. Son algunhas das ideas e dos planos que se proxectan na cidade nunha mostra que está dividida en dúas partes. Unha primeira que está formada polos proxectos de utilidade pública con promotores privados e públicos. A segunda parte da mostra contempla a edificación particular baseada nos eixos de crecemento da cidade.
E todo isto ilustrado con planos, proxectos, corquis coa súa correspondente ilustración e explicación que permitan amosar "un percorrido pola Pontevedra do primeiro tercio do século XX".

Unha mostra que servirá para que todos os cidadáns poidan contemplar os proxectos que se idearon e que por motivos con causas dispares non chegaron nunca a realizarse.







O Castro de Baroña chega a Culleredo





O concello de Porto do Son segue no seu empeño de dar a coñecer a riqueza patrimonial arqueolóxica da súa comarca. E por ese motivo botou a andar a exposición "O castro de Baroña" que estes días se pode contemplar nas instalacións da Aula de Naturaleza Juan Lembeye, sita no Xardín Botánico en Culleredo. Unha mostra formada por paneis ilustrados que pretenden ofrecer un percorrido pola historia da cultura castrexa a través de diferentes momentos da historia. Por todo isto farase un percorrido por diferntes momentos da historia desde o mundo da Idade de Cobre e os petroglifos.


E por último de traxes





E o Museo Histórico de Sargadelos acolle unha pequena gran mostra. É a que leva por título "O traxe e as costumes. Unha aproximación desde a miniatura" e rubricada por Magdalena Bringas e que está de ruta por toda Galicia. Tratase dunha mostra que recolle con gran precisión detalles da vida cotiá nos seus diferentes aspectos e presenta os traxes as diferentes comarcas galegas.