O Pen Clube anuncia no aniversario de Eduardo Blanco Amor que homenaxeará cada ano a este autor

Blanco Amor para cada ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Os actos cos que o Pen Clube reivindicou onte a Eduardo Blanco Amor no seu vinte e cinco cabodano serviron para que este colectivo anunciase a celebración dun acto anual en memoria deste autor. Ademais, a Deputación de Ourense anunciou que publicará unha edición sen límite de exemplares na obra “A esmorga”. Coincidindo con esta data, o Colectivo Gai de Compostela e Bolleiras de Galicia publicaron un manifesto no que reivindican o escritor coma “o primeiro escritor galego da época moderna que asumiu claramente a súa homosexualidade”.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eduardo Blanco Amor, PEN Clube, Manifesto, Esmorga...