Mútiples actos no aniversario da Muralla lucense como Patrimonio da Humanidade

O valado máis humano

Hoxe, a muralla de Lugo cumpre un ano como Ben Cultural da Humanidade. E para celebrarlo, todas as entidades culturais e políticas puxeron a carne no asador para que o evento non pase desapercido. Concertos, presentacións, entrega de premios serviron para que todos se feliciten por este galardón que xa ten un ano de existencia. E entre tanta celebración, tamén houbo voces que advertiron que a Muralla pode perder a súa distinción se se desatende o entorno. Declaracións para todos os gustos no primeiro aniversario.

O comezo dos actos de celebración




Organizacións públicas e privadas, asociacións de amigos e entidades políticas colaboran xuntas para que a celebración do primeiro aniversario de conmemoración do galardón co que a Unesco premiou á Muralla de Lugo sexa todo un éxito. E os actos comezaron onte cun concerto de Susana Seivane, quen aproveitou a súa presencia en Lugo para presentar pezas do seu último traballo "Alma de Buxo". Foi un concerto subvencionado pola entidade financeira Caixanova que xa organizou durante o ano pasado, numerosos actos de celebración do evento.

Onte tamén tiveron lugar os actos de entrega do galardón "Admiradores da Muralla" co que se pretende distinguir ás numerosas personalidades que desenvolveron un labor de apoio ó edificio lucense. O premio, que entrega a asociación de "Amigos da Muralla" recaeron en personalidades coñecidas no mundo cultural e político. Os premiados foron: José Luis Méndez, director xeral de Caixa Galicia; Blanca García Montenegro, a presidenta de El Progreso; José López Orozco, alcalde de Lugo; Ángel Sicart, director xeral de Patrimonio e, a título póstumo, Ramón Falcón, subdirector xeral de Belas Artes e impulsor da campaña "Muralla Limpia" coa que conseguíu a demolición das edificacións adosadas por fóra do monumento.





E hoxe continúan os actos




As celebracións do aniversario do Monumento continúan hoxe con actos de diversa índole. E comezamos, por orde de actuación, cunha conferencia que terá lugar no Museo de Belas Artes ás sete da tarde. Alí acollerase unha mostra do presidente da Academia Galega de Belas Artes, Julio Fernández Argüelles que vai a relacionar o que supón este galardón co desenvolvemento do Museo. Ademais, aproveitará a mostra para presentar o folleto "A muralla no museo" que se distribuirá ós visitantes xunto cun xogo Amurallado. Tamén de presentacións ten lugar o acto que se celebrará ás oito no centro Uxío Novoneyra. Alí, numerosos escritores, entre os que destacan Xosé Neira, Sara Lamas e Claudio Rodríguez Fer, darán a coñecer "Poemas e contos da muralla" o libro no que colaboraron e que ilustran varios artistas lucenses.
Por último, os actos conmemorativos rematan lonxe de Lugo, en Madrid, onde a sé do Ministerio de Fomento acollerá a presentación dun selo conmemorativo da declaración da muralla como Patrimonio da Humanidade.





Por último, cartos e declaracións





Como ben puxo de manifesto nunha tertulia en Onda Cero, o delegado provincial de Lugo de Cultura, Antonio Calvo, a declaración da Murralla como Patrimonio da Humanidade "é un feito reversible que a Unesco pode retirar se detecta un abandono prolongado no tempo". Unha afirmación que pon de manifesto a necesidade de comprobar e controlar a xestión das partidas destinadas á conservación da muralla lucense. Nese sentido, desde a Consellería apuntouse que durante este ano se invertiron uns 220 millóns de pesetas (1.3222.226 euros) cos que se rehabilitaron cinco cubos, a retirada das canalizacións eléctricas que existían no monumento e obras de emerxencia nos paseos e grietas que se foron detectando.
Ademais, a consellería apuntou tamén a existencia dunha inversión de 80 millóns de pesetas e recordou que ata o 2004 está prevista unha partida, conxunta con Ministerio, de 223 milllóns (1.340.257 euros). Unhas contías económicas que se destinarán a afondar en tarefas de investigación arqueolóxica e a mellorar o monumento para promocionar o mercado do turismo cultural. Deste xeito, potenciaríase o terceiro ben mundial galego, tralo Camiño de Santiago e o casco histórico da capital de Galicia.