A Coruña e Ferrol centran os actos da Semana Europea da Ciencia

Días para a ciencia

A Ciencia e a Tecnoloxía son o obxecto de análise da Semana Europea da Ciencia que se celebrará en Galicia do 12 ó 18 deste mes. Sete días nos que as tres "casas" da Coruña, a saber, a Domus, a dos Peixes (Aquarium Galicia) e a das Ciencias e o Centro de Innovación en Edificación e Construcción Civil de Ferrol albergarán a maior parte dos actos. Uns eventos que pretenden contribuir a difundir os avances científicos e tecnolóxicos. Unhas actividades que coordinará a Universidade e para as que organizará visitas guiadas.

Sete días cun mesmo obxectivo


A Semana Europea da Ciencia ten dúas datas claves. Unha que vai do 5 ó 12 de novembro, na que as tres "casas" coruñesas presentarán as novas iniciativas coas que pretenden acadar unha ampla difusión social dos avances científicos e tecnolóxicos.
E a segunda referencia clave é a que vai do 12 ó 18 de novembro, momento no que se desenvolverán as iniciativas máis destacadas para este acto.
Dentro do programa de actos destacan dous eventos: por unha banda as xornadas de portas abertas dos centros centros museísticos nomeado. E non só iso, senón tamén un maratón de vídeos da Natureza na casa dos Peixes que dará paso á inauguración unha nova exposición sobre os cabaliños de mar.
O segundo destes eventos está relacionado con xornadas de visita ós diferentes recintos museísticos da Coruña e do Ferro. De Deito organiza unha serie de visitas ó Centro de Innovación en Edificación e Construcción Civil, Demostracións en Telemedicina e actividades como o percorrido que realizaráne responsables de pequenas e medianas empresas polo Centro de Innovación Tecnolóxica do Ferrol.
Unha semana que pretende amosar a importancia da ciencia para o conxunto da sociedade desde un punto de vista moi didáctico e divulgativo.












E un ADN xigante


Ademais e dentro dos actos organizados para esta Semana da Ciencia está prevista a realización dunha conferencia titulada" Viaxe ó interior do cráneo" e instalarase unha montaxe a grande escala do medelo de gen. É unha reproducción xigante de ADN que están elaborando alumnos de vinte institutos e qeu se exhibirá na Casa Domus a partires do vindeiro 20 de novembro. A reproducción terá un tamaño duns 350 metros de longo e que estará distribuído en eslabóns. É dicir, cada centro realizará un eslabón dentro da cadena xenética que está coordinada pro un técnico da Domus que será o encargado de facer o ensamble.
Os alumnos reproducirán o xen da telomersas, a enzima responsable do envellecemento e unha das claves para acadar unha posible eterna xuventude.
E este modelo é só unha pequena parte (que terá un custo de 20 millóns de pesetas) desta mostra que se completará con pezas interactivas, lúdicas e audiviovisuais.