A Fundación Seoane presenta dúas mostras que destacan o labor editorial de Media Vaca e Ruedo Ibérico

Seoane por partida dobre

24/11/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Luís Seoane (1910 – 1979) foi un prolífico debuxante cuxa obra se editou en numerosas revistas. A súa presenza en dúas publicacións emblemáticas, Ruedo Ibérico e Media Vaca poderá verse nas mostras que a Fundación que leva o seu nome inaugura o xoves na Coruña. A mostra sobre Ruedo Ibérico pretende homenaxear, segundo se cita no comunicado da Fundación "a actividade editorial e as persoas que fixeron posíbel esta tarefa de difusión e de promoción cultural", e completarase cun ciclo de conferencias no que estará Isaac Díaz Pardo, Joaquín Leguina e Jorge Semprún. Polo demais, a outra exposición recolle os libros que marcaron o estilo da editorial valencia Media Vaca. Unha editora que acaba de presentar un volume que recompila os libros "Retratos furtivos", "Outros retratos furtivos" e "Retratos de esguello" que publicou Seoane.

Máis información na web da Fundación Seoane e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Seoane, Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane, La Voz de Galicia...